Diferenzas entre revisións de «Asemblea Nacional-Popular Galega»

m
sen resumo de edición
m
A '''Asemblea Nacional-Popular Galega''' ('''AN-PG''') foi unha organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes creada en [[1975]]. Os seus principios eran a [[autodeterminación]], o [[autogoberno]], o [[anticolonialismo]], a [[democracia]] e o protagonismo das forzas políticas propias de [[Galiza]] e que tiña como obxectivo a formación dun goberno galego provisoiro tras conseguir o poder. Tiña como símbolo a bandeira galega coa estrela de cinco puntas e era a AN-PG quen convocaba as manifestacións do [[25 de xullo]]. No seu III plenario celebrado en outubro de 1977 aprobou os seus estatutos na que se definía como organización interclasista e apartidaria dirixida por unha secretaria colexida, na que [[Lois Diéguez]] exercía como portavoz. O periplo vital da AN-PG rematou en [[1982]], dando paso á formación do [[Bloque Nacionalista Galego]] (BNG).
 
A AN-PG era contraria a elaboración dun estatuto de autonomía por considerar que [[Galicia]] era unha colonia que tiña que acadar a soberanía por medio dunhas bases constitucionais. A súa Frente Cultural constituiu unha das seccións máis activas da AN-PG, nela estaban xente como [[Darío Xohán Cabana]], [[Manuel María]], [[Emiliano Picouto]] ou [[Xesús Vázquez]].
 
== Bibliografía ==
*Manuel Anxo Fernández Baz, ''A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984)'', Laiovento, 2003
 
[[Categoría:Forzas políticas de Galicia]]
3.606

edicións