Túnidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
engado información
Lameiro (conversa | contribucións)
táboa nutritiva, gastronomía e intoxicacións
Liña 33:
 
==Os atúns na alimentación==
{|align="right" {{Táboabonita}}
|-
! colspan="2"|Composición nutritiva
|-
|[[Enerxía]]
|200 [[caloría|cal.]] / 100 g
|-
|[[Proteína]]s
|23,0%
|-
|[[Graxa]]
|12,0%
|-
|[[Ácido graxo saturado|Ácidos graxos saturados]]
| 2,77%
|-
|[[Ácido graxo monoinsaturado|Ácidos graxos monoinsaturados]]
| 2,39%
|-
|[[Ácido graxo poliinsaturado|Ácidos graxos poliinsaturados]]
| 3,07%
|-
|[[Ferro]]
|1,3 mg / 100 g
|-
|[[Magnesio]]
|28 mg / 100 g
|-
|[[Potasio]]
|40 mg / 100 g
|-
|[[Fósforo]]
|200 mg / 100 g
|-
|[[Zinc]]
|1,1 mg / 100 g
|-
|[[Iodo]]
|10 mg / 100 g
|-
|[[Riboflavina]] (B<sub>2</sub>)
| 0,2 mg / 10 g
|-
|[[Niacina]] (B<sub>3</sub>)
| 17,8 mg / 10 g
|-
|[[Ácido fólico]] (B<sub>9</sub>)
| 15 &mu;g / 10 g
|-
|[[Cianocobalamina]] (B<sub>12</sub>)
| 5 &mu;g / 10 g
|-
|[[Vitamina A]]
| 60 &mu;g / 10 g
|-
|[[Vitamina D]]
| 25 &mu;g / 10 g
|-
|}
 
As diferentes especies de atúns son moi apreciadas para o consumo humano. Caracterízanse pola súa riqueza en [[graxa]], de ó redor do 12%, e [[proteína]]s de alto valor biolóxico (sobre un 23%). Tamén son ricos en [[vitamina]]s, sobre todo nas do grupo [[vitamina B|B]], entre as que destaca a [[vitamina B12|vitamina B<sub>12</sub>]] <ref>O contido en vitamina B12 nos atúns sobrepasa o de carnes, ovos e queixo, alimentos considerados tradicionalmente como fonte natural desta vitamina.</ref>. Como peixes graxos que son, támén son ricos en vitaminas liposolubles, nomeadamente as vitaminas [[vitamina A|A]] e [[vitamina D|D]].
 
A carne de atún pode consumirse tanto en fresco como, principalmente, en [[conserva]]. Á hora de preparalo en fresco deben facerse sempre preparacións curtas para evitar que a carne seque de máis. Pode prepararse tanto en toros á prancha, á grella, ó forno, asado, etc., como esmiuzado en trozos máis ou menos grandes, en estofados ou como ingrediente doutros pratos, como [[albóndiga]]s, [[empanada]]s, recheos, etc.
 
O ''carpaccio'' de atún é unha forma de consumo relativamente nova pero cada día máis en auxe. En [[Andalucía]] é moi apreciado o atún desecado (''mojama''), elaborado a base de lombos de atún salgados e secados ó aire.
 
===Posibles problemas nutritivos===
Cómpre advertir que a carne dos atúns é rica en [[purina]]s, que dan lugar a [[ácido úrico]], polo que resulta desaconsellada para as persoas que sofren de [[gota (enfermidade)|gota]] ou [[hiperuricemia]].
 
O atún non adoita estar involucrado en abrochos de [[Enfermidade de orixe alimentaria|intoxicacións alimentarias]] pero pode ser causa de problemas sanitarios a causa da posible presenza de [[histamina]] ou de metais pesados, nomeadamente [[Mercurio (elemento)|mercurio]].
Os niveis do [[Mercurio (elemento)|mercurio]] son ás veces relativamente altos no atún xa que se atopan nunha zona alta da [[cadea alimentaria]].
 
Canto ó '''mercurio''', a causa da súa presenza nos atúns é o feito de que son especies carnívoras que están no cumio da [[cadea alimentaria]] e, pola súa lonxevidade, poden acumular cantidades elevadas deste metal.
 
[[Categoría:Peixes]]