Climograma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
gráfico que representa temperaturas e precipitacións
 
Rocastelo (conversa | contribucións)
m engado imaxe de Commons, elimino petición para que cse faga un climograma (iso pode ir en Wikilibros, pero non na Galipedia) e temperaturas de Santiago (aínda que sería bo que algún o convet en climog
Liña 1:
[[Image:Image:Clima Valencia.png|thumb|Climograma da cidade de Valencia]]
Gráfico que representa temperaturas e precipitacións correspondentes a unha estación metereolóxica, ocupando o eixe de abcisas as temperaturas e o de ordenadas as precipitacións. Os datos soen ser medias mensuais e normalizadas (medias de observacións de 15 anos ou máis) e represéntase a evolución destas ó longo dos doce meses do ano. Normalmente representanse as temperaturas cun gráfico liñal e as precipitacións con barras. É un gráfico moi sinxelo e que permite estudiar as características básicas do clima dun lugar. Resulta moi práctico representar a escala das precipitacións ó dobre das temperaturas (sempre que non teñamos uns valores moi elevados de precipitacións), deste xeito os meses en que se produce aridez, que según o índice de Gaussen son aqueles nos que a precipitación é inferior ó dobre das temperaturas, vense moi claramente, xa que as barras das precipitacións van por baixo da curva de temperaturas e delimitar que meses son áridos é moi útil para o estudio das características dun clima.
Proba a facer ti un climograma, estes son os datos normalizados (medidos entre 1971 e 2000) de Santiago de Compostela (Labacolla) situada a 364 mts de altitude.
As temperaturas exprésanse en graos centígrados e as precipitacións en mm que é igual a litros por metro cadrado.
X F M A M X X A S O N D
 
TEMP 7,4 8,2 9,5 10,6 12,9 16 18,5 18,6 17 13,4 10,2 8,4
PREC 259 223 145 141 147 82 39 57 127 194 200 281
 
TEMP. MEDIA ANUAL 12,6 PRECIPITACIÓN ANUAL 1886