Consello de Forzas Políticas Galegas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''Consello de Forzas Políticas Galegas''' foi unha plataforma política creada en xaneiro de [[1976]] a iniciativa da [[Unión do Povo Galego]] e integrada ademais polo [[Partido Socialista Galego]] e o [[Partido Galego Social Demócrata]], posteriormente uníronse o [[Partido Carlista de Galicia]] e o [[Movemento Comunista de Galicia]], a entrada nesta última provocou a ruptura do CFPG, xa que o MCG negouse a que os seus membros saísen de [[Comisións Obreiras]], como reacción a UPG e o PGSD deixaron o Consello en outubro de 1976, aínda que o asunto de fondo era a relación coas plataformas democráticas do estado que para a UPG e PGSD tiñan que ser puntuais e tácticas mentres os outros partidos pretendían unha conxunción estratéxica.<ref>Manuel Anxo Fernández Baz, ''A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984)'', Santiago, 2003, páx. 62</ref>
 
Tiña un programa rupturista baseado nas Bases Constitucionais (abril de 1976) que recollía o dereito de autodeterminación.
 
== Notas ==
<references/>
[[Categoría:Forzas políticas de Galicia]]
[[ca:Consello de Forzas Políticas Galegas]]