Knossos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 1:
[[image:knossos_r5.jpg|thumb|right|200px|Knossos]]
 
'''Knossos''' ([[grego]] Κνωσσός) é o xacemento da Idade do Bronce máis importantes en [[Creta]], probablemente o centro ceremonial e político da [[civilización minoica|Cultura minoica]].
 
Knossos, tamén coñecido co romántico nome de Palacio de [[Minos]], foi descuberto por Sir [[Arthur Evans]] en 1894. Sen embargo, comezou a guerra civil en Creta contra os [[Turcos]], e non foi ata o 16 de marzo de 1900 que Evans puido comprar o xacemento completo e dirixir excavacións masivas. Coa axuda do [[Dr. Duncan Mackenzie]], que xa se distinguira polas súas excavacións na illa de [[Melos]], e de Mr. Fyfe, o arquitecto da [[British School of Athens]], Evans empregou un amplo equipo de excavadores e en xuño de 1900 descubrira unha ampla porción do palacio.
 
O xacemento ten unha longa historia de ocupación humana, comezando coa fundación do primeiro establecemento [[neolítico]] sobre o 7000 a.C. Co paso do tempo e distintas fases de crecemento que tiñan a súa propia dinámica social, Knossos medrou en amplitude ata que, nos séculos XIX a XVI a.C. (durante os períodos 'palacial antigo' e o posterior 'neo-palacial'), o xacemento posuíu monumentais edificios administrativos e un edificio central relixioso (i.e., o Palacio) pero tamén unha ocupación nos arredores de preto de 5000-8000 habitantes. Un arduo debate entrer os arqueólogos radica sobre se o Palacio funcionou primordialmente como un centro administrativo ou relixioso (ou, máis probablemente, foi unha combinación dos dous dun xeito [[teocracia|teocrático]]). Outros debates importantes son acerca do papel de Knossos na administración da Creta da Idade do Bronce e se Knossos funcionaba como centro principal ou estaba ao mesmo nivel ca os outros palacios contemporáneos que foron descubertos en Creta. Moitos destes palacios de Creta foron destruídos e abandonados na primeira parte do século XV a.C., posibelmente polos [[micénico]]s, ainda que Knossos seguíu habitado ata ser destruído polo lume sobre cen anos máis tarde.
 
Un dos descubrimentos máis relevantes en Knossos eran os extensos murais que decoraban as paredes cubertas de xeso. Todos están nun estado fragmentario e a súa reconstrución e reubicación en salas polo artista Piet de Jong é algo hoxe indiscutido. Estas pinturas sofisticadas e coloristas reflicten unha sociedade que, en comparación coa tosca arte contemporánea do [[Exipto]] do [[Reino Medio]] e o [[Novo Reino]], é visibelmente non militarista. Ademais de escenas de mulleres e homes ligados a actividades como a pesca ou a relolección de flores, os murais tamén reflicten competicións atléticas, probabelmente de natureza ritual, nas que mozos efectuaban ousadas acrobacias sobre as espaldas de touros que embestían.
 
[[image:knossos_bull.jpg|thumb|left|150px|Fresco da tauromaquia]]
 
[[image:knossos_throne.jpg|thumb|right|200px|Trono de Ariadna]]
 
A estancia central do palacio era a chamada Sala do Trono. Esta habitación ten unha cadeira empotrada na parede, fronte a un grupo de bancos. Esta habitación ten tamén un tanque que se especula que era empregado como acuario.
 
Outras partes deste extremadamente amplo palacio inclúen apartamentos espaciosos con auga corrente en tuberías de [[terracota]] e retretes con auga corrente, amplas salas con despensas que contiñan enormes xerras de cerámica usadas para gardar gran, o máis antigo [[anfiteatro]] coñecido con bancadas de pedra de 200 prazas, e templos relixiosos. O palacio mide cerca de 120 metros de lado e desde época romana estivo asociado como a fonte do mito do [[Labirinto]] e nel preténdese que tivo a súa se o rei [[Minos]], de onde o apelativo de [[Civilización Minoica]] para o período histórico no que este e outros palacios cretenses prevaleceron.
 
Todo o complexo aglutínase ao redor do patio central e divídese en dous grandes conxuntos, oriental e occidental, separados por senllos accesos ao norte e ao sur. Debido á forma de construir dos minoicos, engadindo habitacións progresivamente, estes corredores non gardan unha disposición rectilínea, senón que está cheo de reviravoltas seguindo un recorrido tortuoso.
 
O palacio en sí tense identificado como o ''[[labirinto]]'' onde Minos encerrou o [[Minotauro]], de onde vén o mito de [[Teseo]] e a súa loita contra a horribel besta. O acceso ao palacio desde o patio oeste efectuábase a través dunha habitación cuberta, o porche occidental, onde existía un fresco en relevo co tema do xogo do touro. O camiño proseguía polo corredor das procesións, un longo corredor en ángulo e así chamado por estar decorado cun fresco no que mozos de ambos sexos e de tamaño natural portaban ofrendas valiosas.
 
== Ver tamén==
* [[Lineal A]]
* [[Lineal B]]
* [[Grecia antigaAntiga]]
* [[Civilización minoica]]