Dr. Zaius: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 12:
| web =
}}
Os '''Dr.Zaius''' son un grupo de [[rock]] galego fundado en [[Vigo]] ([[Galiza]]) alá polo ano [[2006]]. Aíndaformado quepor cinco membros. osOs membros principais da banda, Luís Fernández (voz principal e guitarra rítmica) e Guillermo García Casas (guitarra principal e coros) levaban xa anos exercendo un laborioso traballo no ámbito musical. O primeiro deles levaba anos actuando polo panorama musical alternando entre Vigo e Ourense,e o segundo polo panorama musical de Vigo, ata que decidiron xuntarse e tocar xuntos, a pesar diso non se consolidaron como tal ata anos recentes.
 
Anteriormente, tomaran parte no escenario galego como banda de versións, participando activamente en diversos eventos polo que contan ademáis cunha modesta experiencia de cara ao público e de cara á música. Así é como ámbolos dous compoñentes se reúnen e deciden dar nacemento a un grupo que dispón dunha notable formación xuntándose co resto dos membros: Jose Rial, David Borjas e Fran J. Rodríguez.
 
Destacan como influencias da banda grandes clásicos da escena rockeira clásica como [[Led Zeppelin]], [[Black Sabbath]], [[Deep Purple]] ou os máximos expoñentes da psicodelia sesentera [[The Doors]]. Así mesmo, contan con influencias de procedencia española como os impecables [[Héroes del Silencio]] ou os tamén recentes e sorprendentes [[Skizoo]].
 
A pesar de non ter publicado aínda ningún álbum, a súa presencia déixase notar cun sólido material musical propio que actualmente se atopa exposto na rede e co que se deron a coñecer máis amplamente, especialmente con cancións como a prometedora ''En tierra de nadie''. Cancións cun gran traballo detrás de cada unha, polo que son cancións cunha música que recorda aos millores anos do rock e unhas letras cheas de sentimento, intelixencia e profundidade. O seu son envolvente danos a sensación de que son unha banda con moito futuro na que cada un dos seus compoñentes da o mellor de si, e se a isto lle sumamos o espectáculo que dan sobre o escenario, as vibracións que fan sentir ao público coa súa música e que son unha xente moi agradable, obtemos unha banda cun futuro moi grande.
 
A día de hoxe, realizan as súas actuacións incluíndo no seu repertorio o material citado.