Diferenzas entre revisións de «Historia ecclesiastica gentis Anglorum»

sen resumo de edición
Esta obra é considerada unha das referencias orixinais máis importantes sobre a historia [[Anglosaxóns|anglosaxoa]]. Considérase que foi completada no ano [[731]], cando [[Beda]] tiña aproximadamente 60 anos de idade.
 
Atópase dividido en cinco libros (ao redor de 400 páxinas), a ''Historia'' cobre a historia de [[Inglaterra]], eclesiástica e política, da época de [[Xulio César]] á data da súa conclusión (731). Os primeiros vinteún capítulos, tratan o período antes da misión de [[Agostiño de Canterbury|Agostiño]], son compilados de escritores anteriores tales como [[Orosio]], [[GildasXildas]], [[Próspero de Aquitania]], as cartas do [[papa]] [[Gregorio I, papa|Gregorio I]], e outros, coa inserción de lendas e tradicións.
 
Despois de [[596]], úsanse fontes documentais, que [[Beda]] se esforzou en obter a través de toda [[Inglaterra]] e de [[Roma]], así como testemuños orais, os cales empregou coa súa característica consideración crítica.
Usuario anónimo