Ville Ritola: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 13:
{{FinMedalleiro}}
 
'''Vilho "Ville" Eino Ritola'''- ([[18 de xaneiro]] de [[1896]] en Peräseinäjoki; †[[24 de abril]] de [[1982]]) en [[Helsinqui]]). Foi un [[atleta]] [[Finlandia|finlandés]] especializado en carreiras de longa distancia, integrante do fabuloso grupo de atletas de [[Finlandia]] coñecido como [[Finlandeses Voadores|''Flying Finns'' (Finlandeses Voadores)]], tales como [[Paavo Nurmi]], [[Hannes Kolehmainen]], [[Albin Stenroos]] ou o propio Ritola, quen era coñecido co alcume "O lobo de Peräseinäjoki", que durante os anos 20 do [[século]] pasado dominaran os eventos de medio fondo e fondo no [[atletismo]] dos [[Xogos Olímpicos]].
 
Ritola emigrou para os [[Estados Unidos]] aos 17 anos, para unirse a sete irmás que emigraran anos antes e alá uniuse ao "Club de Atletismo Finlandés-Americano", onde comezou a adestrar xunto ao grande campión finlandés [[Hannes Kolehmainen]], que se mudara para os Estados Unidos logo dos [[Xogos Olímpicos de 1912]]. Kolehmainen tentou convencelo de que se integrara no equipo finlandés para os[[Xogos Olímpicos de 1920| Xogos de Antuerpen de 1920]], mais Ville non aceitou, acreditando que aínda non estaba preparado para disputar con éxito unha competición do nivel dunha [[Olimpíada]].