Diferenzas entre revisións de «Ergotismo»

m
caruncho
m (elimino as formas populares (sic) que son tradución das castelás polas galegas)
m (caruncho)
[[Imaxe:Gabriel Metsu 002.jpg|thumb|right|300px|''Neno enfermo (Das kranke Kind),'' obra de [[Gabriel Metsu]] (1660-1770)]]
O '''ergotismo''', denominado no uso coloquial como "fogo ardente" ou "fogo de San Antón", é unha enfermidade causada pola inxesta de alimentos contaminados por micotoxinas (toxinas producidas por fungos parasitos), ou por abuso de medicamentos que conteñan esta mesma substancia. Está causado fundamentalmente polo ''ergot''caruncho (''[[Claviceps purpurea]]'') que contamina o [[centeo]] e, moito menos frecuentemente, a [[avea]], o [[trigo]] e a [[cebada]].
 
As substancias activas nas micotoxinas son todas [[polipéptido|polipéptidos]] derivados do [[ácido lisérxico]]. Os efectos do envelenamento poden traducirse en [[alucinación|alucinacións]] [[#NOTA|*]], convulsións e contracción arterial, que pode conducir á [[necrose]] dos tecidos e a aparición de [[gangrena]] nas extremidades principalmente. A enfermidade empezaba cun frío intenso e repentino en todas as extremidades para converterse nunha queimazón aguda. Moitas vítimas lograban sobrevivir pero quedaban mutiladas: podían chegar a perder todas as extremidades. Existía outra variante desta intoxicación na que o paciente sufría intensas dores abdominais que finalizaban nunha morte súbita. Nas mulleres embarazadas producía invariablemente abortos.
3.606

edicións