Ergotismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''ergotismo''', denominado no uso coloquial como "febre de San Antonio", "lume de San Antonio" ou "lume do inferno", é unha enfermidade causada pola inxesta de alimentos contaminados por micotoxinas (toxinas producidas por fungos parasitos), ou por abuso de medicamentos que conteñan esta mesma substancia. Está causado fundamentalmente polo ''ergot'' (''[[Claviceps purpurea]]'') que contamina o [[centeo]] e, moito menos frecuentemente, a [[avea]], o [[trigo]] e a [[cebada]].
 
As substancias activas nas micotoxinas son todas [[polipéptido|polipéptidos]] derivados do [[ácido lisérxico]]. Os efectos do envelenamento poden traducirse en [[alucinación|alucinacións]] [[#NOTA|*]], convulsións e contracción arterial, que pode conducir á [[necrose]] dos tecidos e a aparición de [[gangrena]] nas extremidades principalmente. A enfermidade empezaba cun frío intenso e repentino en todas as extremidades para converterse nunha queimazón aguda. Moitas vítimas lograban sobrevivir pero quedaban mutiladas: podían chegar a perder todas as extremidades. Existía outra variante desta intoxicación na que o paciente sufría intensas dores abdominais que finalizaban nunha morte súbita. Nas mulleres embarazadas producía invariablemente abortos.