Diferenzas entre revisións de «Ergotismo»

sen resumo de edición
(Nova páxina: O '''ergotismo''', denominado no uso coloquial como "febre de San Antonio", "lume de San Antonio" ou "lume do inferno", é unha enfermidade causada pola inxesta de alimentos contaminad...)
 
O '''ergotismo''', denominado no uso coloquial como "febre de San Antonio", "lume de San Antonio" ou "lume do inferno", é unha enfermidade causada pola inxesta de alimentos contaminados por micotoxinas (toxinas producidas por fungos parasitos), ou por abuso de medicamentos que conteñan esta mesma substancia. Está causado fundamentalmente polo ''ergot''(''[[Claviceps purpurea]]'') que contamina o [[centeo]] e, moito menos frecuentemente, a [[avea]], o [[trigo]] e a [[cebada]].
 
As substancias activas nas micotoxinas son todas [[polipéptido|polipéptidos]] derivados do [[ácido lisérxico]]. Os efectos do envelenamento poden traducirse en [[alucinación|alucinacionesalucinacións]] [[#NOTA|*]], convulsións e contracción arterial, que pode conducir á [[necrose]] dos tecidos e a aparición de [[gangrena]] nas extremidades principalmente. A enfermidade empezaba cun frío intenso e repentino en todas as extremidades para converterse nunha queimazón aguda. Moitas vítimas lograban sobrevivir pero quedaban mutiladas: podían chegar a perder todas as extremidades. Existía outra variante desta intoxicación na que o paciente sufría intensas dores abdominais que finalizaban nunha morte súbita. Nas mulleres embarazadas producía invariablemente abortos.
 
Durante a [[Idade Media]] as intoxicacións por ergotismo eran tan frecuentes que se crearon hospitais onde os frades da orde de San Antonio dedicábanse en exclusiva a coidar destes enfermos. Estes frades levaban hábito escuro cun gran T azul no peito.
Usuario anónimo