Central térmica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfíxose a edición de 85.136.203.94 (disc.), cambiado á última versión feita por Banjo
Prebot (conversa | contribucións)
m Corrixir ligazóns a homónimos: Atmosfera
Liña 22:
 
==Impacto ambiental==
A emisión de residuos á [[atmosfera terrestre|atmosfera]] e os propios procesos de [[combustión]] que se producen nas centrais térmicas teñen unha incidencia importante sobre o [[medio ambiente]]. Para tratar de paliar, na medida do posible, os danos que estas plantas provocan na contorna natural, incorpóranse ás instalacións diversos elementos e sistemas.
 
O problema da [[contaminación]] é máximo no caso das centrais termoeléctricas convencionais que utilizan como combustible [[carbón]]. Nas de fueloil ou gas, os niveis de polución son moito menores, practicamente inapreciables nas plantas de gas. Con todo, a combustión do carbón ten como consecuencia a emisión de partículas e ácidos de [[xofre]]. Nas centrais de fueloil, a emisión de partículas sólidas é, como xa se dixo antes, moito máis pequena. No entanto ha de terse en conta a emisión de óxidos de xofre e hollins acedos.