Remesar, A Estrada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''San Cristovo de Remesar''' é unha parroquia que se localiza no concello da [[A Estrada|Estrada]] na ladeira do monte Sisalto ó carón das parroquias de [[Orazo,a estrada|Orazo, A Estrada]],Agar,Loimil,Santo Tomás de Ancorados,Riobo e Oca.En 1842 tiña unha poboación de feito de 212 personas. A poboación, distribuída en 10 entidades (Aldea Grande,Vilanova,Fonte Soutelo,Peizás,Devesa,Rabeta,Rego,Cibreiros,Outeiro e Vilasusán), pasou nos vinte anos que van de 1986 a 2006 de 246 a 144 personas, o que significou unha perda do 41,46%.
Conta cun castro importante chamado co mesmo nome ca parroquia, situado ó carón da igrexa. Neste castro forón atopado restos de muiños de man.A igrexa datada entre os séculos XII e XII da que pode destacar a súa fachada románica con arco apuntado sobre dúas columnas de capitel. No adro da igrexa atoparemos un fermoso cruceiro con pedestal cúbico,unha columna octogonal lisa,capitel con volutas e follas de acanto e cruz latina de brazos redondo co cristo crucificado no anverso.
O patrono desta parroquia San Cristovo é celebrado polos veciños o día 10 de xullo de cada ano.