Diferenzas entre revisións de «Hermenéutica»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
 
A '''''hermenéutica filosófica''''' é unha proposta do pensador alemán [[Hans-Georg Gadamer]], efectuada a partir dos traballos de [[Martin Heidegger]]. Gadamer parte da tese heideggeriana de que a ''comprensión'' e a ''interpretación'' constitúen unha característica esencial da [[existencia]] humana. Existir consiste en estar constantemente interpretando, ben sexa a través das accións vitais cotiás ou da actividade científica en xeral. En consecuencia, desde un punto de vista humano, a hermenéutica (=fenómeno da comprensión) ten un alcance universal. A Hermenéutica filosófica quere determinar qué é a ''comprensión'' como fenómeno existencial básico, e non só como metodoloxía da interpretación de textos ou dunha determinada investigación científica.
 
Paralelamente á hermenéutica filosófica de Gadamer houbo importantes intentos por recuperar o sentido metodolóxico tradicional da hermenéutica, especialmente con [[Paul Ricoeur]], que volve a caracterizala como esexese textual, se ben entendendo por “texto” calquera conxunto de [[símbolo|símbolos]] (escrito, pictórico, onírico, etc.), e tamén con [[Emilio Betti]], que pretende recuperar a hermenéutica como método obxectivo propio das [[ciencias humanas]].
 
Respecto a Ricoeur, este pensa que toda expresión simbólica consta dun [[significado]] superficial e manifesto e doutro máis profundo e oculto. A hermenéutica será o procedemento para revelar este segundo significado contido no primeiro. Deste xeito a hermenéutica convertese nunha tarefa [[mito|desmitificadora]] desde o momento en que considera que o significado superficial é falso ou enmascara a realidade. Como exemplo de grandes desmitificadores menciona Ricoeur a [[Karl Marx|Marx]], [[Friedrich Nietzsche|Nietzsche]] e [[Sigmund Freud|Freud]].
 
 
 
195

edicións