Samesugas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Prebot (conversa | contribucións)
m Corrixir ligazóns a homónimos: Inglés
Liña 11:
| antigos_membros =
| web =
}}'''Samesugas''', grupo galego formado na cidade de [[Santiago de Compostela|Compostela]] no ano [[1999]], con antigos formantes doutros grupos como os [[Fame Neghra]] e [[Dirty Barriguitas]]. Practican [[Rock and roll]] con sonido [[garage]] en [[Lingua inglesa|inglés]] e [[galego]]. A súa discografía até o ano [[2006]] estaba formada basicamente por singles e EP's, porén conseguiron chegar a ser coñecidos internacionalmente, e mesmo seleccionados para varios recopilatorios. Un deses traballos colectivos e o tributo a [[Turbonegro]] en [[2002]], no que participan cunha versión en [[galego]] da canción "I fucked Betty Page". Nese mesmo ano editan un vinilo titulado ''Machine in your brain'', que será reeditado en cd en [[2006]]. No ano [[2003]] fan unha xira por [[Finlandia]]. O seu primeiro traballo longo será ''Alá vai!'' no ano [[2007]]. Nese mesmo ano versionan para [[Manifesto Dobarrista]], o disco colectivo tributo a [[Andrés do Barro]], a súa canción "Homes". En marzo do 2008, e xunto con [[The Homens]], unha banda amiga coa que comparten comezos, sacan en vinilo o EP conxunto ''The Homens Vs. Samesugas'', no que ambos grupos intercambian versións e inclúen tamén temas novos.
 
Samesugas pasou relativamente despercibido para a crítica musical galega en comparación con outros grupos contemporáneos, un feito que choca co seu relativo peso internacional, en especial nos paises escandinavos.