Segismundo Casado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Prebot (conversa | contribucións)
m Corrixir ligazóns a homónimos: Valencia
Liña 7:
Rotundamente contrario aos [[comunista]]s - cría que a guerra continuaba en beneficio da [[Unión Soviética]] - e convencido da inutilidade de proseguir a loita ata o final, rebélase contra o goberno de [[Juan Negrín]]. Na noite do 5 ao [[6 de marzo]] de [[1939]] crea en Madrid o [[Consello Nacional de Defensa]] que, mercé o apoio da 14ª División mandada polo líder anarquista [[Cipriano Mera]], achegada desde Guadalajara, e logo de seis días de loita, derrota as tropas fieies ao goberno na capital. Os combates remataron o [[12 de marzo]].
 
O triunfo, saudado desde o xornal "El Socialista", como unha vitoria que impedía que a España republicana se convertese nunha colonia soviética, permitíu ao Consello Nacional de Defensa - liderado por [[Julián Besteiro]] - negociar con [[Francisco Franco|Franco]], con a pretensión de obter unha paz negociada. Porén, no se obtén resultado ningún, xa que o goberno de [[Provincia de Burgos|Burgos]] só aceptaba unha rendición incondicional. Ante a inminente entrada das tropas de Franco en Madrid, Segismundo Casado partíu cara [[Valencia - València|Valencia]], e desde aí se exilia en [[Marsella]], ([[Francia]]). Posteriormente, estivo exiliado en [[Gran Bretaña]], [[Venezuela]] e [[Colombia]].
 
Regresou a España en [[1961]], sendo julgado e posteriormente absolto por un [[consello de guerra]]. Intentaría, en van, que se lle recoñecese o seu grao militar e que se lle permitise o reingreso no exército.