Vermudo II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xandrwijk (conversa | contribucións)
m Bermudo II movida a Vermudo II sobre unha redirección: o nome de Bermudo, en galego, é con v. Do latín, Veremundus.
Xandrwijk (conversa | contribucións)
cambio no nome
Liña 1:
'''BermudoVermudo II de León e de Galiza''' (ou '''Vermudo II'''; c. [[956]] - [[O Bierzo]], [[999]]), foi [[lista de reis de Galiza|rei da Galiza]] a partir de [[982]] e de [[lista de monarcas de León|León]] desde [[985]] e até a sua morte. Xulgase que teña sido fillo bastardo de [[Ordoño III]]. Foi cognominado ''o Gotoso'', por sofrer de [[Gota (doenza)|gota]].
 
 
Liña 6:
[[Ramiro III]] apoiábase en casas nobiliarias alleas a Galicia, como os Beni Gómez. Incorría nesto no mesmo erro que o seu pai [[Sancho I]] que fora envelenado por nobres galaico-portugueses. A ameaza normanda e e musulmana (ocupación de Simancas por Almanzor) incrementaban o descontento.
 
O [[15 de outubro]] do ano [[982]], a máis alta nobreza galega proclama rei a un fillo de [[Ordoño III]], BermudoVermudo, e o coroan en [[Santiago de Compostela]]. Axiña o novo rei faise coa soberanía de toda Galicia (que nese momento chegaba ata [[Coimbra]]). Ramiro III, entrou en Galicia cun exército leonés que foi rexeitado en Portela de Areas (preto de [[Monterroso]]). BermudoVermudo II empezaba o seu reinado en Galicia. Na primavera do ano [[984]], invadiu as terras do seu rival e as tropas galegas expulsaron a Ramiro III de León. Este fíxose forte en [[Astorga]] e non renunciou á coroa leonesa ata a morte no ano [[986]].
 
No ano [[985]], BermudoVermudo II aparece asinando documentos en [[Celanova]] dando testimuño de que xa non ten resistencias e estando ao seu lado como coasinante o líder da nobreza galega [[Menendo González]]. Así mesmo, procura o apoio das dióceses, quer pacificamente mediante doazóns (caso de Iria-Santiago e [[Lugo]]) ou ben metendo na cadea ao bispo (caso de Gustedeo de [[Oviedo]]).
 
No ano 986 outorga privilexios as comunidades relixiosas que inzaban as abas do monte Ilicino (máis coñecido como [[Pico Sacro]]) eximíndoas de todo tributo. Nese mesmo ano expulsou de Galicia a determinados nobres sublevados que se refuxiaron á sombra de [[Almanzor]].
 
==Insurrección leonesa==
Toda Galicia recoñecía a BermudoVermudo, pero os Beni Gómez, condes de [[Saldaña]], descoñecían a súa autoridade en terras leonesas. Gómez García e García Gómez eran abós e tío do fillo de Ramiro III, Ordoño Ramírez, e mantiveron en pe os seus dereitos. Nas estadías de BermudoVermudo II en Galicia encontrouse cos señores rebeldes propagando a falsa noticia da súa morte e señoreándose de León nos anos [[989]] e [[990]]. O nobre Conancio gobernou a teórica capital do reino en franco desafío ao rei galaico-leonés. BermudoVermudo II volveu dende Galicia e conseguiu expulsar a Conancio, confiscándolle os seus bens.
 
No ano [[991]], volveron os nobres leoneses a facerse coa cidade, apoderándose do tesouro real e, coa axuda dos musulmáns, obrigaron a BermudoVermudo a refuxiarse en Galicia, onde mantiña o seu poder intacto.
 
O novo monarca galaico-leonés conseguira o apoio do bispo de León. Motivo polo cal este viu as súas terras asoladas polos condes leoneses. [[Almanzor]] tería entre os rebeldes a BermudoVermudo II uns valiosísimos aliados.
 
==Almanzor==
 
Almanzor arrasaría León, [[Zamora]], [[Tui]] e no ano [[997]] a cidade de Santiago de Compostela, onde non deixa pedra sobre pedra da [[Catedral de Santiago|catedral xacobea]]. As portas e as campás da catedral compostelana son levadas a hombreiros de galegos ata [[Córdoba]] nun acto de humillación para o reino cristiá. A superioridade militar do caudillo musulmán, aconsella a BermudoVermudo II non presentar batalla aberta e deambular por Galicia sostendo un reino a piques de derrubarse. Tras esta terrible vaga BermudoVermudo II acudiu a Santiago onde auxiliou ao seu bispo San [[Pedro de Mezonzo]] e erguer das súas ruínas a basílica do Apostol. No ano [[999]] confiaba o monarca o goberno do [[mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro]] ao presbítero Anscario e ao monxe Trasuario. O peor xa pasara.
 
==Pervivencia da súa liñaxe==
 
Sosténdose na nobreza galega, busca apoios tamén na castelá. Casa coa filla do conde de [[Castela]], Elvira García, e confía a educación do seu fillo ao conde galego [[Menendo González]]. Este será o dono da situación á morte de BermudoVermudo no ano 999, e defenderá con éxito os dereitos do seu protexido [[Afonso V]] o devandito fillo de BermudoVermudo II.
 
A morte lévao no ano 999 estando no [[Bierzo]]. Os seus restos consérvanse na catedral de León.