Festa do cabazo de Cabral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
A Festa do Cabazo é unha festa gastronómica que se celebra tódolos anos polo mes de novembro ( o 3º domingo ) no Colexio Carballal de Cabral, Vigo , dende o ano 1984.
 
A Asociación Cultural “O Coto”, no seu afán de cumprir un dos seus obxectivos básicos que é evitar a perda das tradicións, creu necesaria a recuperación e enxalzamento do cabazo como produto alimenticio, recollendo todas aquelas tradicións culinarias do mesmo e dando a coñecer numerosas utilizacións do seu produto estrela: “o cabazo”.
 
Consiste na realización e mostra dun certo número de pratos diferentes que se poden facer con cabazo e que poden degustar tódolos asistentes; como poden ser: caldo, flans, marmelada, chulas, pan, galletas, pisto, pasteis, empanadas de cabelo de anxo, sopaipillas, licor de cabazo, …
 
Para os cociñados, todos feitos de xeito artesanal por voluntarios da propia Asociación e outros colaboradores, utilízanse algunhas dependencias do colexio, diversas casas de socios e colaboradores e no día anterior a festa fanse nunha carpa auxiliar que se habilita ó lado da carpa da festa. Nos últimos anos, contan coa grande axuda de dúas panaderías que de xeito totalmente desinteresado, déixanlles utilizar os seus fornos.
 
Utilízanse ó redor de douscentos cabazos dunha media duns 40 quilos cada un. Estes cabazos son doados polos veciños que colaboran desinteresadamente na festa e polos socios da Asociación. Tamén lles ofrecen cabazos doutras parroquias de Vigo e incluso doutros municipios dos arredores.
 
Para a realización da festa precisase a colaboración dunhas sesenta persoas , tanto para o sábado anterior como para o día da festa. Durante todo o proceso de preparación da Festa do Cabazo, chegan a colaborar ó redor de duascentas persoas diferentes.
 
A festa prolongase ata ó serán.
 
Normalmente realízase unha pequena degustación gratuíta dalgúns dos pratos feitos con cabazo.
 
Prepáranse ademais envases de degustación que tódolos asistentes poden adquirir a prezos módicos ó longo de todo o día.
 
Tamén poderán facerse coa publicación sobre a Festa do Cabazo, na que se fala do cabazo e as súas cualidades, da Festa do Cabazo e os seus obxectivos e algunhas das receitas que fan.
 
No día da festa ofrécense actuacións de grupos diversos e pódense ver diversas exposicións.
 
Durante a Festa , pódese ver tamén unha exposición sobre a historia da Festa do Cabazo, na que se mostra o proceso de cultivo, recollida, elaboración e degustación do cabazo.