Immanuel Kant: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Modificado: fa:امانوئل کانت
Sen resumo de edición
Liña 5:
Aparte desa vertente idealista que desembocaría na filosofía de [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|Hegel]] (e [[Karl Marx|Marx]]), algúns autores consideran que Kant fixo, ao nivel da [[epistemoloxía]], unha síntese entre o [[Racionalismo]] continental (de [[René Descartes|Descartes]] e [[Gottfried Wilhelm Leibniz|Leibniz]], onde impera a forma de raciocinio dedutivo), e a [[Empirismo|tradición empírica inglesa]] (de [[David Hume|Hume]], [[John Locke|Locke]], ou [[George Berkeley|Berkeley]], que valoriza a indución).
 
Kant é famoso sobre todo pola súa concepción coñecida como idealismo [[Filosofía transcendental|transcendental]], que di que todos nós traemos formas e conceptos innatos para a experiencia crúa do mundo, os cales serían doutra forma imposíbeis de determinar. A filosofía da Natureza e da natureza humana de Kant é historicamente unha das máis determinantes fontes do relativismo conceptual que dominou a vida intelectual do [[século XX]]. Non entanto, é moi probábel que Kant rexeitase o relativismo nas súas formas contemporáneas, como por exemplo o [[Posmodernismo]]).
 
Kant é tamén coñecido pola súa filosofía moral debido á súa proposta, a primeira moderna, dunha teoría da formación do sistema solar, coñecida como a [[hipótese Kant-Laplace]].