Cova das Choias, A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: A '''Cova das Choias''' é unha gruta situada preto da aldea de Biduedo, no concello da Pobra do Brollón. A Cova das Choias é de orixe ...
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''Cova das Choias''' é unha [[Cova|gruta]] situada preto da aldea de [[Biduedo, Óutara, A Pobra do Brollón|Biduedo]], no concello da [[Pobra do Brollón]].
 
A Cova das Choias é de orixe natural, aínda que predominan nela as cavidades practicadas pola man do home para a extracción do mineral de [[ferro]], básicamente durante os séculos XVI e XVII. As súas dimensións son moi grandes e son visibles desde a entrada. A [[Bóveda (arquitectura)|bóveda]] alcanza máis de 30 metros de altura, a súa lonxitude é duns 120 metros e a anchura excede os 20.
 
A gruta consta de tres niveis, sendo o intermedio o máis interesante debido á presenza de caprichosas formacións rochosas modeladas polo paso do tempo e pola acción humana. Na paisaxe do interior da [[caverna]] chaman tamén a atención os fortes contrastes de cores producidas pola oxidación do ferro presente na roca, que van desde os verdes intensos ata unha variada tonalidade de ocres.
 
A uns 75 metros da entrada, na parede da dereita, ábrese unha [[galería]] que comunica co nivel inferior. O paso dun nivel a outro resulta algo problemático a causa do lixeiro desnivel e do chan esvaradío, polo que convén extremar as precaucións. Aquí localízanse outras cinco galerías, das que só a central ten saída ao exterior, aínda que se acha tapada pola maleza.
 
==Véxase tamén==
*[[Cova]]
*[[A Pobra do Brollón]]
[[Categoría:A Pobra do Brollón]]