A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 197:
Unha das maiores riquezas do municipio son os seus espazos naturáis: o val do [[Río Cabe|Cabe]] e do [[Río Lor|Lor]], constitúen privilexiadas paraxes que invitan a ser percorridos. Outra das paraxes que merece ser visitada é a ribeira do [[Río Sil |Sil]] (Vilachá), onde se encontra un conxunto de adegas tradicionais. Neste caso, ás curiosidades [[Etnografía|etnográficas]] se lle une a posibilidade de degustar o viño da zona. Xa lindando coa [[Serra do Courel]], encóntrase [[Parada dos Montes, A Pobra do Brollón|Parada dos Montes]], núcleo cheo de curiosidades: os tellados das construcións están unidos ou superpostos para poder circular os días de inverno cando as nevadas illaban o lugar, e para protexelo dos ataques dos lobos. Unha vez máis, a arquitectura tradicional se adapta ó medio físico.
 
===Rutas e visitas===
*'''Ruta dos Catro Cabaleiros''': ruta que leva a través da Serra da Trapa ata a [[Mesa dos Catro Cabaleiros]], no límite entre os concellos da [[Pobra do Brollón]], [[O Incio]], [[Samos]] e [[Folgoso do Courel]], onde antigamente se reunían os alcaldes destas catro localidades.
*'''[[Camiño de Santiago|Ruta Sur do Camiño de Santiago]]''': ruta pouco coñecida desta popular pelegrinación, que transcurre polo concello.