Cutián, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
nova páxina de lugar
 
+ datos
Liña 2:
 
Neste lugar está o petroglifo da Roda do Barral, cunha combinación circular da [[idade de bronce]].
 
Tamén está aquí o cruceiro de San Martiño. A tradición conta que no seu lugar había unha igrexa parroquial, que abarcaría zonas da actual parroquia de [[Fragas, Campo Lameiro|Fragas]] ([[Campo Lameiro]]), ou un pequeno mosteiro ou priorato. Daquela construción se tería aproveitado a pedra para a fachada da [[Igrexa de Santa Mariña de Fragas|igrexa parroquial de Fragas]].
 
Tamén se conta do cruceiro que pouco antes da [[guerra civil española]] uns nenos romperon xogando un brazal, e que foi reparado por Américo Iglesias, veciño do lugar. Durante a guerra loitou na [[fronte de Teruel]], regresando ileso, e morreu xa de vello á beira do cruceiro.
 
{{Lp San Xurxo de Sacos}}