Diferenzas entre revisións de «Sacos, Cerdedo-Cotobade»

datos de poboación
({{Lp Sacos}})
(datos de poboación)
}}
 
'''Santa María de Sacos''' é unha parroquia que se localiza no norte do concello de [[Cotobade]]. Segundo o padrón municipal de 2006 tiña 283 habitantes (129 homes e 154 mulleres), distribuídos en 54 entidades de poboación, o que supón unhaun diminuciónaumento enrespecto relaciónó ao ano 20042005, cando tiña 287281 habitantes.
 
A súa [[igrexa parroquial de Santa María de Sacos|igrexa parroquial]] é un templo dunha sóa nave cunha ábsida rectangular, que conserva elementos do románico tardío ou protogótico. Os perpiaños moi irregulares distribúense en fiadas dando como resultado, pola contra, uns paramentos ben rematados. Segundo Bango Torviso o estilo do aleiro da ábsida, principalmente, indica un estilo de orixe ourensán, da zona de [[Oseira]] ou [[Comarca do Carballiño|Terra do Carballiño]], de finais do último tercio do século XII.