Diferenzas entre revisións de «Jesús Franco»

sen resumo de edición
Porén, as súas películas non sempre eran ben acollidas pola crítica ou o público. De feito, boa parte de crítica e público empezou a rexeitar e desprezar as súas ''aloucadas'' ideas. Así, centrouse en realizar películas de baixo presuposto e cunha velocidade asombrosa, chegando a lanzar seis, sete ou incluso máis títulos ó ano, traballando con moitas productoras en numerosos países, e incluso chegando a crear a súa propia (Manacoa Films). Este feito levouno a estrenar moitos dos seus títulos baixo pseudónimos, "por recomendación das productoras, para non saturar o mercado cinematográfico", segundo explicou. En realidade a razón fundamental do uso de pseudónimos era a búsqueda dunha mellor venta da película, con nomes que soasen ben no mercado internacional e que soasen novidosos. Así, asinou algúns dos seus traballos como David Khunne, John O'Hara, Clifford Brown ou Pablo Villa.
 
Debido á su enorme capacidade de producciónprodución, tamén aproveitaba moitas veces o reparto dunha rodaxe para embarcarse nun novo proxecto, utilizando o mesmo material e os cartos sobrantes do proxecto anterior, o que explica por que a maioría dos seus filmes son de baixo presuposto. Chegou mesmo a aproveitar as mesmas escenas para diferentes películas.
 
Entre os seus actores máis destacados están [[Howard Vernon]], [[Antonio Mayans]], [[Christopher Lee]], [[Klaus Kinski]], [[Jean Servais]], [[Santiago Segura]], [[Fernando Fernán Gómez]] e [[Aldo Sambrell]]. Entre as súas musas ou actrices fetiche están [[Diana Lorys]], [[Maria Rohm]], [[Soledad Miranda]] ou [[Lina Romay]]. Esta última é a máis representativa e a súa actual compañeira sentimental.
Tras anos nos que as películas de Franco só se podían ver ocasionalmente en España a través de ediciones en vídeo, en 1996 estrena en cine ''Killer Barbys'', o que coincidiu cunha homenaxe en [[Nova York]] (onde recibiu un premio de mans de [[Roger Corman]]) e unha reivindicación xeral da súa obra.
 
Posteriormente a producciónprodución de Jess foi descendendo notablemente, aínda que segue rodando. Os seus máis recentes traballos foron como actor para películas dos seus colaboradores [[Pedro Temboury]] e [[José Roberto Vila]]. Tamén traballou como actor en moitas das súas películas e no clásico de Fernando Fernán Gómez ''El extraño viaje'' (1964), considerada un dos mellores filmes españoles de tódolos tempos.
 
En 2006 apadriñou ó colectivo español [[Digital 104]], que como el, defende a producciónprodución en formato dixital fronte ó problemático celuloide. É tamén o gran protagonista do documental ''The Life and Times of Jess Franco'' (2006), de [[José Luis García Sánchez]].
 
==Pseudónimos==
Usuario anónimo