Diferenzas entre revisións de «Banda deseñada»

sen resumo de edición
**Arxentina. Durante os anos corenta, antes da a aparición da televisión, Arxentina tivo un crecemento moi importante na produción de Bd. Houbo unha gran cantidade de revistas, de diferentes xéneros e apareceron diferentes xeracións de debuxantes de gran recoñecemento internacional. Alberto Breccia, coñecido como un dos máis importantes debuxantes da historia e gran experimentador gráfico, Hugo pratt, que ainda que era italiano formou o seu estilo na Arxentina, Francisco Solano López, que xunto co guionista Héctor Germán Oesterheld (considerado un dos mellores guinistas de banda deseñada do mundo) creou en 1957 a obra maestra ''El Eternauta''. Esta historia, situada en Bos Aires é o primeiro antecedente da «banda deseñada de autor», desenrolada despois en Europa. As diferentes crises económicas fixeron moito dano ao mercado e á viabilidade economica deste e a dictadura militar asasinou ou obligou a se exiliar a unha grande cantidade de autores, deixando un mercado que é unha sombra do que foi e que depende cada vez máis do ''mainstream'' dos EEUU.
 
**España tivo un mercado moi extendido nos anos 40 e 60, con series como ''Capitán trueno'' ou ''Zipi Zape''. Non obstante, coa chegada da televisión o mercado comezou a decrecer e debido á dictadura, a época de transición á banda deseñada adulta e experimental, que en Francia, Italia, Xapón e Arxentina chegara nos anos 60 e 70 non chegou ata os anos 80, nos que despois dun gran crecemento da producciónprodución o mercado colapsou e case desapareceu a producciónprodución nacional. Na actualidade a grande maioría dos produtos son traducciónstraducións de obras estranxeiras e os autores nacionais traballan habitualmente para editoriais francesas, italianas e norteamericanas.
 
**Italia tivo un mercado moi forte en Europa, con fortes editoriais e series moi populares ligadas aos ''fumetti'' (banda desenhada en italiano). O estilo propio dos autores italianos, dentro de Europa, ten unha certa independencia. Nos últimos anos, as similitudes co mercado francés son maiores e moitos dos autores consagrados da BD italiana traballan para editoriais francesas.
 
**O cómic chinés, quedou dividido na producciónprodución que facía a propia China (cunha producciónprodución estatalizada e aislada dos produtos de outros países) e a que se facía en Hong Kong e Taiwán, máis libres e fortemente influenciadas por outros países. En Hong Kong e Taiwán tiveron unha forte influencia dos modelos anglosaxóns de BD ata os anos sesenta, nos que os debuxos animados e as BDs do Xapón comezaron a ser traducidos e distribuidos alí. Outra influencia temática foron os filmes de artes marciais dos anos 60 e 70. Unha das series que marcou a estética do cómic chinés foi "Chinese Heroe" nos anos oitenta. A estética habitual da Bd chinesa actual é semellante á xaponesa, pero ten preferencia por un maior detalle e realismo e polo uso da cor (o ''manga'' xaponés é case sempre en branco e negro).
 
**O manhwa ou cómic coreano, que na actualidade está moi fortemente influenciado pola producciónprodución xaponesa (ata o punto de que as BDs coreanas habitualmente confúndense coas xaponesas).
 
**A banda deseñada serbia [[iugoslava|Iugoslavia]]: Iugoslavia tivo unha ''época dourada'' nos anos 30 no que á producciónprodución de BD refírese. Houbo unha gran xeración de autores que, atentos á producciónprodución que viña dos [[EEUU]] produciu series moi populares. Despois da guerra o goberno comunista prohibiu gran cantidade de BDs, pero despois dos anos 60, a diferencia de outros países comunistas, Iugoslavia permitiu a entrada de cómics de outros países. Isto permitiu que coa influencia e coñecemento de obras internacionais xurdira unha nova xeración ''de prata'' e unha serie de autores que estaban dentro da innovación da BD en Europa. Despois da [[guerra dos Balcáns]] moitos dos seus autores exiliáronse a Francia e EEUU. Nos últimos anos xurdiron novas revistas e o mercado está a crecer.
 
 
Usuario anónimo