Diferenzas entre revisións de «Banda deseñada»

sen resumo de edición
m (bot Engadido: uz:Komiks)
* O mercado '''[[Anglosaxón]]''': Formado polos países de fala inglesa e que ten nos EEUU como o principal produtor. É un mercado que amosa predilección polas series de superheroís e de ciencia ficción. Despois dunha época (ata os anos 70-80) na que as tiras nos periódicos foron formato habitual e máis respetado, na actualidade os formatos habituais son o Comic Book (revista grampada dunhas 24-32 páxinas habitualmente, ainda que hai moitos exemplos de maior cantidade e que é especialmente utilizado para os superheróis), a novela gráfica (que é a adaptación do modelo de álbum europeo e que é habitualmente utilizado para obras independentes), a revista (máis común no Reino Unido, con exemplos como ''2000 A.D.''). Desde hai algúns anos os países iberoamericanos teñen unha forte dependencia deste mercado e son satélites del. Como autores máis coñecidos están Will Eisner, Jack Kirby, Neal Adamas, Milton Caniff ou os máis modernos Jim Lee.
 
*O mercado '''Franco-Belga''' e '''europeo''': Tamén coñecido como europeo, xaque estes dous países, que comparten as editoriais e o mercado, son a cabeza da banda deseñada europea a nivel comercial. Exceptuando algún país como Italia (que ten tamén un bo mercado e producciónprodución propia estilísticamente recoñecible) os principais autores de BD europea traballan para editoriais franco-belgas. España, Alemaña e outros países xiran estilísticamente arredor de Francia, e aínda que debido á sensibilidade e os movementos propios de cada país hai variacións estilísticas, a banda deseñada europea ten un estilo narrativo e visual común. Ainda que os temas preferentes son a ciencia ficción e as aventuras, a banda deseñada europea mostra unha variedade de xéneros e un aprecio polas obras independentes e de autor moito maior que o mercado anglosaxón. Os formatos habituais son o álbum (libro en aproximadamente A4 de entre 48 e 96 páxinas) e a revista de prepublicación(chamada así porque as series saían por entregas nunha revista antes de ser publicadas en álbum, e que durante moitos anos foi o principal formato e está agora en clara decadencia), ainda que están cada vez máis presentes formatos imitados de outros paises, como o comic book, o tomo recopilatorio xaponés (tankoubon) e dende hai pouco o modelo de revista de prepublicación xaponesa ou ''zashi''. O mercado europeo ten tamén como cualidade o feito de ser moi aberto a cómics de diferente orixe e non só á producciónprodución propia. Autores europeus importantes: Franquin, jean Giraud, tamén coñecido como ''[[Moebius]]'', [[Miguelanxo Prado]], [[Hugo Pratt]], [[Hergé]] ou Enrico [[Marini]].
 
*O mercado '''Xaponés''': É o mellor implantado no seu país de orixe, cunha implantación social sorprendente desde o punto de vista occidental. A súa estética mistura en orixe a arte tradicional xaponesa (visible nos ''[[Ukiyo-e]]'') e a estética propia da banda deseñada e animación occidental, dando como produto unha estética propia moi característica. Produce unha cantidade e variedade de series inmensa. Na actualidade, a súa influencia déixase notar nos mercados de Corea e China, onde surxiron produtos autóctonos cunha estética moi semellante e con formatos na maioría das ocasións idénticos. Os seus formatos son o ''zashi'' sou revista de prepublicación, habitualmente en papel moi barato e con moitas series e o ''tankoubon'' ou tomo recopilatorio, de menor tamaño. Autores recoñecidos son: Osamu Tezuka, Katsuhiro Otomo, Akira Toriyama, Jiro Taniguchi, Go Nagai, CLAMP. Ver [[manga]].
*'''Outros mercados''': Ainda que na actualidade o mundo da Bd depende destes tres vértices, estilísticamente e históricamente hai outros:
 
**Arxentina. Durante os anos corenta, antes da a aparición da televisión, Arxentina tivo un crecemento moi importante na producciónprodución de Bd. Houbo unha gran cantidade de revistas, de diferentes xéneros e apareceron diferentes xeracións de debuxantes de gran recoñecemento internacional. Alberto Breccia, coñecido como un dos máis importantes debuxantes da historia e gran experimentador gráfico, Hugo pratt, que ainda que era italiano formou o seu estilo na Arxentina, Francisco Solano López, que xunto co guionista Héctor Germán Oesterheld (considerado un dos mellores guinistas de banda deseñada do mundo) creou en 1957 a obra maestra ''El Eternauta''. Esta historia, situada en Bos Aires é o primeiro antecedente da «banda deseñada de autor», desenrolada despois en Europa. As diferentes crises económicas fixeron moito dano ao mercado e á viabilidade economica deste e a dictadura militar asasinou ou obligou a se exiliar a unha grande cantidade de autores, deixando un mercado que é unha sombra do que foi e que depende cada vez máis do ''mainstream'' dos EEUU.
 
**España tivo un mercado moi extendido nos anos 40 e 60, con series como ''Capitán trueno'' ou ''Zipi Zape''. Non obstante, coa chegada da televisión o mercado comezou a decrecer e debido á dictadura, a época de transición á banda deseñada adulta e experimental, que en Francia, Italia, Xapón e Arxentina chegara nos anos 60 e 70 non chegou ata os anos 80, nos que despois dun gran crecemento da producción o mercado colapsou e case desapareceu a producción nacional. Na actualidade a grande maioría dos produtos son traduccións de obras estranxeiras e os autores nacionais traballan habitualmente para editoriais francesas, italianas e norteamericanas.
Usuario anónimo