Rapa das bestas de Sabucedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
A '''Rapa das Bestas''' é o nome do [[curro]] que cada ano se celebra en [[Sabucedo]], no territorio do concello da [[A Estrada|Estrada]] durante tres días, o primeiro sábado, domingo e luns de [[Xullo]].
 
Na actualidade ten máis de 600 cabalos chamadas [[besta]]s as femias e [[garañón]]s os machos, divididos en 14 [[manda]]s, que viven ceibos nunha extensión de máis de 200 km2 de [[monte]]. Esta celebración consiste, coma noutros curros, en recoller os [[cabalo]]s do monte, metelos ao curro, [[rapa das Bestas|rapalos]] e marcalos na actualidade con microchips. O de Sabucedo é o curro máis coñecido e presenta ademais trazos propios que o diferencian dos outros. Entre estas diferenzas a mais importante consiste en que en Sabucedo non se utilizan cordas, paus ou aparellos para reducir ao animal. Os "aloitadores", que son os que se encargan de suxeitar a besta ou garañón namentres se proecede á rapa, usan tan só a súa destreza e o seu corpo para realizar a súa labor. Outra especificidade da Rapa das Bestas de Sabucedo e que a "Baixa" ou actividade de xunta e conduccióncondución das bestas ao lugar de Sabucedo forma parte da propia celebración e participan nela centos de persoas de Galiza e de fora do país. Unha pequena pero fermosa tradición dentro da grande tradición que é a Rapa das Bestas de Sabucedo consiste en que o sábado pola mañá, moi cedo antes de subir ao monte, celébrase unha emotiva misa onde se pide a San Lourenzo (patrono de Sabucedo) para que non aconteza ningún accidente ou desgraza durante a festa.
 
A rapa é realizada polos [[aloitador]]es. O acto da Rapa é asemade segundo o estudioso Manuel Cabada, unha iniciación simbólica do paso do [[neno]] á [[mocidade]], ao agarrar por primeira vez un [[poldro]] guiado e dirixido polos maiores.