Dylan Thomas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hu:Dylan Thomas
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
A infancia de Dylan Thomas transcorreu en Swansea, onde estudou na escola na que seu pai era mestre de [[literatura inglesa]]. Foi na revista da escola onde publicou os seu primeiros poemas. Pasaba os veráns na granxa da familia materna en [[Carmarthen]]. Os contrastes entre a vida rural e a urbana déronlle material para moitas das súas obras, en especial para contos e emisións radiofónicas. Ós 16 anos deixou os estudos para traballar de xornalista no ''South Wales Evening Post'', onde escribiu desde obituarios a críticas de [[cine]] e [[teatro]]. Xa nesta época era notoria a súa tendencia ó alcolismo.
 
Moitos dos poemas e contos de Dylan Thomas foron escritos na casa familiar do nº 5 de Cwmdonkin Drive. Alí foi escrita, por exemplo “A morte non terá dominio” (''Death shall have no dominion''), unha das súas composicións de máis sona. Cando publicou en novembro de [[1934]] o primeiro libro de poemas, “ 18 poemas” (''Eighteen Poems''), Thomas era xa un dos poetas novos máis coñecidos no ámbito anglosaxón, grazas ós poemas aparecidos en varias revistas. O libro “8 poemas” recibiu os eloxios da crítica anglosaxonaanglosaxoa.
 
O ano [[1937]], xa afincado en [[Londres]], casou con Gaitlin Macnamara, unha bailarina irlandesa, coa que tivo tres fillos, malia as difíciles relacións entre eles, as frecuentes infidelidades por ambas partes e a súa penosa situación económica. En [[xaneiro]] de [[1939]] naceu o primeiro fillo Llewelyn, en [[marzo]] de [[1943]] a súa filla Aeronwy e, en [[xullo]] de [[1949]] o fillo Colm Garan..