Ducado de Spoleto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
Á sombra do [[ducado de Benevento]], Spoleto mantívose nun segundo plano dentro da historia longobarda, pero nalgúns momentos os seus territorios eran importantes (Umbría, Lacio, as Marcas, e os Abruzzos). Cabe destacar as incursións que o duque [[Ariúlfo]] fixo contra os Bizantinos (579-592 contra [[Ravenna]]; 592 contra [[Roma]]). Sucedeuno Teodelapo, fillo do primeiro duque Faroaldo I. Faroaldo II gobernou conxuntamente co seu irmán Waquilapo, e conquistou [[Classis]], o porto de [[Ravenna]] e saqueouno, pero o rei dos longobardos fíxolle restituír o botín. Faroaldo II foi derrubado polo seu fillo Transamundo ou Trasimundo II ([[724]]), que se sublevou contra o rei longobardo e se aliou co Papa [[Gregorio III, Papa|Gregorio III]], que o acolleu en Roma cando foi derrubado ([[739]]). Hilderico, que o substituíra, foi asasinado por Trasimundo, que recuperou o poder ([[740]]), pero o rei longobardo o depuxo e o enviou a un mosteiro ([[742]]) e nomeou duque a Axiprando, pero á morte do rei Liutprando, Trasimundo recobrou o ducado ata a súa morte o [[745]]. Os reis longobardos ocuparon a miúdo o ducado persoalmente. Durante a segunda metade do [[século VIII]] diversos duques de Spoleto serían tamén reis dos longobardos.
 
[[Imaxe:ItaliaItaly 1000 v2AD-es.svg|left350px|300pxthumb|left|O Ducadoducado de Spoleto sobre opolo ano 1000.]]
Dous anos despois da caída do [[reino longobardo]] e da ocupación de Benevento, o propio ducado de Spoleto caeu en mans dos francos [[carolinxios]] de [[Carlomagno]] que tomara o título de rei dos longobardos. A pesar de que o territorio foi dado á igrexa, Carlomagno reservou o dereito de nomear os duques.