Sara Montiel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''María Antonia Abad Fernández''' ([[Campo de Criptana]], [[Cidade Real]], [[España]], [[10 de marzo]] de [[1928]]), coñecida como '''Sara Montiel''', é unha [[actriz]] de [[cine]] e [[cantante]] española e nacionalizada mexicana.
 
==Biografía==
 
'''Sara Montiel''' naceu no seo dunha familia manchega humilde subsistindo por medio da agricultura, xa que o seu pai era campesiño. Desde moi pequena María Antonia destacou pola súa beleza e os seus dotes artísticos, as cales impresionaron a Don Vicente Casanova, un influente produtor (un dos donos de CIFESA) e axente de publicidade que a viu e ouviuna cantar durante unha procesión de [[Semana Santa de Orihuela]], [[Alacante]]. Don Vicente procurou que a moza recibise un adestramento básico en declamación e canto.