Ferreiros, A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 14:
Constitúen os seus lindes os termos parroquiais de [[Saa, A Pobra do Brollón|Saa]] polo sur e leste, Veiga polo oeste e A Ferreirúa e [[Santalla de Rei, A Pobra do Brollón|Santalla de Rei]] polo norte.
 
==Demografía==
==Dadas demográficas==
No ano 1991 contaba con 106 habitantes agrupados nas entidades do Campo, Cima de Vila, Fondo de Vila, Forgas, A Lama, O Souto e A Veneira de Roques, sendo a súa densidade media, para ó mesmo ano, de 12,2 hab./Km².
 
Liña 20:
A primeira noticia documental que temos sobre esta parroquia data do [[18 de abril]] de [[1181]] cando Elvira Fernández fai doazón dunha parte do mosteiro de Ferreiros á [[Orde Hospitalaria de San Xoán]]. Así mesmo, Martín Pérez, el Mosero, ofreceu á Igrexa de Santa María de Lugo e a o seu bispo o dereito de padroado que lle pertencía en San Salvador de Ferreiros, en compensación do sacrilexio que cometera ao violar a Igrexa de Lóuzara.
 
==Patrimonio artístico==
==Construcións de interese==
*'''Igrexa de San Salvador de Ferreiros'''. Conserva restos románicos do século XII e partes do século XVII. O templo é de nave [[ábsida]] rectangular, porta con arco de medio punto que oculta o tímpano, cazorros xeométricos e ocultos con figuras. No interior conserva pinturas e murais que representan a Anunciación, que poden ser do século XV ou principios do XVI. Cofraría de san Brais, da que hai documentación dende o ano 1723 e as Confreirias do Santisimo, san Sebastián e santa Lucía.
*'''Casa de Díaz''': Conserva un escudo, edificio contiguo ó templo cunha inscrición do ano 1788 sobre a que aparece unha cruz e unha lenda na parte posterior que reza: Francisco Gil. Un pombal destaca na casa de enfronte que semella que foi a reitoral. As dúas casas puideron pertencer ó igrexario.
*'''O Mosteiro''': Cenobio feminino pertenece á Orde de San Xoán de Hospital, en cuxa lembranza queda a igrexa parroquial de San Salvador de Ferreiros, do [[Santalla de Rei (arciprestado)|arciprestado de Santalla de Rei]]. Entre as xentes do lugar perdura a tradicion do mosteiro.
*'''Capela de Santa María Madanela''', no lugar da [[A Veneira de Roques, Ferreiros, A Pobra do Brollón|Veneira de Roques]].
 
==Festividades==
==Festas parroquiais==
*'''Festas do Ecce Homo''': o 14 de setembro, pero celebrada actualmente o 10 de agosto.
*'''Festas do San Brais''': celebradas antigamente pero que aínda persisten, o 3 de febreiro.