San Xosé, Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 14:
Campolongo atópase no sur-suroeste do casco urbano de Pontevedra. Está limitado ao norte pola Avenida de [[Augusto García Sánchez]] e polo [[río dos Gafos]]. Ao sur pola autovía [[PO-11]]. Ao leste pola Rúa do Alcalde Hevia. E ao oeste pola Avenida de Marín.
 
Ata a década de 1950 o barrio albergaba a estación de ferrocarril da cidade onde hoxe está a Praza de Galiza. Ó mudarse esta, e coa construción do Complexo Militar de Pontevedra neste barrio, impulsouse a construcción do Polígono de Campolongo cun parque central, a igrexa de San Xosé e o C.E.I.P. de Campolongo. Hoxe, o sur doda barrioparroquia está ocupadoocupada por urbanizacións de vivendas unifamiliares. O antigo Cuartel demoleuse, e no seu lugar está o Complexo Administrativo de Campolongo, que albergará o novo edificio da Xunta, o novo edificio de Facenda e varios edificios residenciais.
 
O barrio de San Brais, cunha capela adicada a este santo, foi e segue sendo unha aldea grande. A capela do mesmo nome foi construída cara os séculos XVIII-XIX. Nos anos 90, San Brais cambiou de aspecto mercede á urbanización de chalets na súa parte baixa, e á construción dun hipermercado na parte alta.
 
Mollabao era o barrio mariñeiro da parroquia, á beira dos ríos [[Río Lérez|Lérez]] e Gafos. A partir dos anos 50 a súa fachada marítima mudou coa construción da autovía [[Marín]]-Pontevedra pola costa. Cara os anos 70 as casas mariñeiras demoléronse, e construíronse altos edificios. Nos anos 9080 o barrio viuse partido pola construción da [[AP-9]].
 
[[Categoría:Pontevedra]]