A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 101:
 
==Patrimonio artístico==
Do patrimonio artístico municipal ten grande interese tanto a arquitectura relixiosa como a civil; da primeira abundan igrexas e capelas como o templo de [[Lamaigrexa, A Pobra do Brollón|Lamaigrexa]] de 1788 que pose unha torre de tres corpos no frontal e no interior un [[retablo]] maior [[neoclásico]], outros dous neoclásicos e rococó respectivamente do século XVIII, un púlpito policromado, pila bautismal e dúas pilas de auga bendita. A igrexa de [[Óutara, A Pobra do Brollón|Óutara]] ten un [[retablo]] maior popular de tipo [[renacentista]] e unha imaxe de Santa María do s.XV. A igrexa de [[Parada dos Montes, A Pobra do Brollón|Parada dos Montes]] é de finais do s.XIX pero conserva un [[retablo]] [[neoclásico]] procedente do convento das Clarisas de Monforte. O templo de [[Pinel, A Pobra do Brollón|Pinel]] pose un [[retablo]] maior de estípites con tallas de interese e finalmente a igrexa parroquial de [[Veiga, A Pobra do Brollón|Veiga]] é de orixe [[románico]] e se estrutura cunha [[nave]] rectangular e unha [[ábsida]] de tramo rectangular e cabeceira semicircular con bóvedas de cañó e cuarto de laranxa.
 
No apartado de arquitectura civil destacaremos unha característica específica de pobos como [[Parada dos Montes, A Pobra do Brollón|Parada dos Montes]] onde os tellados das casas están unidos e superpostos para poder circular os días de nevadas intensas e protexerse así mellor da intemperie ou dos ataques de lobos. A arquitectura popular ten o seu principal expoñente nos muíños. Con respecto ós pazos e casas grandes sinalaremos as blasonadas: Casa de Díaz ([[Ferreiros, A Pobra do Brollón|Ferreiros]]) e Casa de Fontela ([[A Pobra do Brollón, A Pobra do Brollón|A Pobra do Brollón]]) ambas con sendas pedras de armas. Casa Grande da [[A Ferreirúa, A Pobra do Brollón|Ferreirúa]], hoxe colexio da parroquia. Así mesmo, tamén é digna de mención a Ponte ([[Barxa de Lor, A Pobra do Brollón|Barxa de Lor]]), que a tradición quere de orixe romano aínda que o actual é do século XVI.