Diferenzas entre revisións de «A Pobra do Brollón»

O sistema económico fundaméntase no [[sector primario]], que se complementa cun terciario pouco especializado. Entre ambos os dous ocupan ó 90% da poboación activa. No primeiro caso, é a gandería a dedicación principal, debido ás características medioambientais; así, os pastos de altura permiten a dedicación a un gando de orientación cárnica, de elevada calidade.
 
En liñas xenerais, podemos falar dun municipio de pequenos propietarios, onde o número de explotacións agrarias por Km², é de 6’3. As explotacións son de tipo minifundista, onde a simbiose entre agricultura e gandería é unha realidade. A agricultura ten unha gama de cultivos reducida: [[Pataca|patacas]], [[millo]] e [[centeo]] (en retroceso), xunto á explotación autárquica de árbores froiteiras ([[castaña]]). Encontrámonos ante unha agricultura enfocada á manutención da cabana gandeira, que é a que reporta un maior beneficio líquido ó agricultor, ben sexa pola venda de animais, ou pola comercialización do [[leite]]. O censo gandeiro do ano [[1970]] daba xa un claro predominio á cabana bovina sobre a porcina e a ovina. O aproveitamento forestal é outro dos recursos da zona, ademais do cultivo da vide en [[Vilachá, A Pobra do Brollón|Vilachá]], subzona de Amandi.
 
O nivel de industrialización é practicamente nulo, e soamente existen actividades relacionadas coa produción de bens no plano artesanal e autónomo. Nos últimos anos, o sector téxtil foi un dos que máis iniciativas empresariais viu nacer ó amparo das subvencións comunitarias para a creación de pequenas e medianas empresas.
Usuario anónimo