Diferenzas entre revisións de «A Pobra do Brollón»

 
==Etnografía==
A tradición recolle que a famosa [[María Castaña]], que encabezou as revoltas contra o bispo de [[Lugo]], alá no [[século XIV]], era natural de [[Cereixa, A Pobra do Brollón|Cereixa]], unha das parroquias do municipioconcello.
 
Relacionado co pasado medieval, fálase do "pino centenario" -representado no escudo municipal-, situado no lugar onde se reunían os veciños en asemblea. Recórdase que A Pobra do Brollón estivo baixo a xurisdición da [[Condado de Lemos|casa de Lemos]], fronte á cal os veciños protagonizaron unha revolta -a dos guímaros (alá polo [[século XVI]])- que lles fixo famosos. Parece ser que o [[Conde de Lemos]] esixiu ós seus vasalos o pago dun inxusto tributo, polo cal os veciños reuníronse a deliberar baixo un fermoso piñeiro nun lugar coñecido como A Pobra do Brollón. De aquela reunión saíron todos coa determinación delevantarse en armas contra o conde e non ceder mentres o piñeiro non secase. Pero os homes do conde, mellor armados e máis poderosos, puideron vencelos sen moita dificultade. Trala derrota, os campesiños xuntáronse de novo baixo a sombra do piñeiro centenario, decidindo non pagar o tributo mentres non lles fora recollido nas súas propias casas e sen necesidade de abrir aporta, senón pasando a moeda por debaixo da porta. É por este motivo polo que dende entón os habitantes do condado de Lemos recibiron o apelativo de "guímaros", que significa temeroso.
 
==Historia==
Usuario anónimo