Diferenzas entre revisións de «Tobi»

sigo a tradución do artigo en castelán
(cat)
(sigo a tradución do artigo en castelán)
 
Ten un carácter atípico: é bromista, grita moito, e é pouco serio para ser un membro de Akatsuki, onde os demais son perigosos criminais e renegados, aínda que durante unha pelexa con Deidara, Pein di que non se enfronte a el ou verá o verdadeiro poder de Tobi. Non se sabe nada do seu pasado antes do seu ingreso na organización, nin sequera do seu período como axente de Zetsu. A pesar de estar sempre de pelexa con Deidara polos seus mal elixidos comentarios, respéctalle, como demostra ao falar con el. A pesar de ameazarlle de morte e, ata atacalo coa arxila explosiva nalgunha que outra ocasión, Deidara pediu desculpas a Tobi por inmolarse, o que demostra certo respecto por el. A Kisame tamén lle cae ben por que segundo as súas palabras "era o único que tiña a habilidade de alegrar unha organización melancólica e aburrida".
 
==Historia==
 
===Segunda Parte===
 
====O secuestro de Gaara====
Realiza a súa primeira aparición no capítulo 280 do [[manga]] tras a batalla de Konoha contra Akatsuki na Aldea da Area, a extracción do Shukaku de Gaara, cando Zetsu e el, en calidade de subordinado, van buscar o corpo de Sasori, para recuperar o seu anel. El é quen atopa a xoia e aprópialla, dicindo que agora que quedou un oco pode entrar en Akatsuki. Unha das metades de Zetsu oponse, pero a outra, a branca, apóialle nisto. Finalmente substitúe a Sasori. Atopou tamén o brazo dereito de Deidara, pero el apareceu para recollelo antes de que Tobi puidese facer nada.
 
====A nova parella Akatsuki: Tobi e Deidara====
Logo disto, pasou a ser o compañeiro de [[Deidara]], con quen tivo que capturar a ''Sanbi'', o Bijū de tres colas. Do combate só se ve como o monstro persegue a Tobi, e como Deidara fai explotar un dos seus animais de arxila xunto a el para debilitalo. Tras a vitoria do equipo, Tobi afirma que o conseguiron grazas ao seu "poderoso jutsu" non mostrado, aínda que o seu compañeiro discrepa disto xa que Sanbi non posuía a ningún jinchuuriki que o fixese realmente perigoso para eles.
 
====Sasuke contra Deidara====
Tras a derrota de [[Orochimaru]] a mans de [[Sasuke Uchiha]], o seu irmán maior [[Itachi]] perfílase como o seguinte obxectivo do Uchiha e o seu equipo Hebi, así pois Akatsuki ponse en estado de alerta, Deidara e Tobi logran atopar a Sasuke antes que ninguén e establecen batalla con el. Nun primeiro momento escóndese del polo medo que lle provocou a mirada de Sasuke ao comparar o seu parecido co de Itachi e ao comezar un combate recibe unha estocada do Chokuto de Sasuke grazas ao seu Sunshin jutsu, pero o estraño *Akatsuki levántase indemne. Deidara toma a iniciativa do combate co seu C1 pero Sasuke logra volver a súa estratexia contra el e facelo retroceder.
 
Cando Deidara vese forzado a usar o seu C2, Tobi encárgase de colocar minas baixo o chan con (o que parece) un jutsu do tipo terra (como o que usa [[Kakashi]] para esconderse baixo a terra). Logo diso mantense á marxe da pelexa mentres Deidara e Sasuke combaten. Cando o seu compañeiro resulta derrotado polo Uchiha a pesar de usar o seu C4 e suicidarse, Tobi atópase no radio da explosión (2 quilómetros) e o propio Pein dáo por morto cando informa ao resto da organización da derrota de Deidara, Kisame búrlase del e atribúelle a única habilidade de alegrar unha organización tan escura como é Akatsuki.
 
====Jiraiya contra Pein====
Con todo, o propio Tobi preséntase máis tarde mostrando o seu sharingan ante [[Konan]] e di que os ollos de Sasuke excederán aos de Itachi á vez que encomenda a caza do Kyubi a [[Pein]]. Despois véselle sentado no Val do Fin cando Jiraiya fala sobre Uchiha Madara e como sospeita da súa responsabilidade no ataque de Kyubi a Konoha xusto antes de iniciar o seu combate.
 
====Itachi contra Sasuke====
O equipo de Konoha atópase con Tobi cando tratan de seguir a Sasuke (que partiu ao seu enfrontamento co seu irmán Itachi). Naruto intenta derrotalo rapidamente co seu Rasengan, pero os seus jutsus e ataques non fan efecto en Tobi, que toma a dianteira do breve combate e búrlase del.
 
As formacións de ataque de Konoha non serven contra Tobi, que parece poder facer desaparecer o seu corpo a vontade, [[Shino Aburame]] logra situalo e alcanzalo coa súa Hijutsu Mushidama e drenarlle o seu chakra, cando parece atrapado desaparece (segun Kakashi usando un jutsu espazo-temporal). [[Zetsu]] chega para informar da morte de Itachi e a vitoria de Sasuke, Tobi admite prever isto, e disponse a marcharse, nese momento o seu sharingan crúzase co de Kakashi.
 
[[en:List of Naruto villains#Akatsuki]]
163

edicións