Diferenzas entre revisións de «Bulimia nerviosa»

sen resumo de edición
m (Bot:Iniciais dos modelos en maíusculas)
{{Avisomedico}}
A '''bulimia''' é un [[transtorno alimentario]] consistente nun [[apetito]] esaxerado, cunha ansia compulsiva de comer grandes cantidades de comida, unida a unha sensación de que este tipo de alimentación é anormal. Aparece sensación de culpa e medo a non poder deter esas ansias imparábeis de comer xunto con temor á [[obesidade]]; estes episodios danse moitas veces en quen está a sufrir [[anorexia]] nerviosa, que alternan períodos de privación de alimentos con períodos de bulimia.
É unha enfermidade mental, xa que o temor a engordar e a falta de autocontrol sobre a alimentación, fai que os sentimentos e pensamentos determinen un estado anímico e mental que acaba en procesos depresivos.
 
Unha influencia moi importante son os medios de comunicación, especialmente a televisión, que venden a idea que estar delgado vai asociado á felicidade, éxito laboral, éxito nas relacións sociais, beleza, mocidade e a unha mellor calidade de vida.
 
Os enfermos de bulimia poden chegar a comer até 3 ou 4 [[quilo]]s nunha soa comida, sen masticalos apenas. Moitas veces, o acto compulsivo de comer vai seguido da indución do [[vómito]]. O ataque de fame dura unha hora e pódense inxerir 3.500 [[caloría]]s durante unha comida. O tipo de comida preferida nestes casos son os [[hidratos de carbono]], como os [[xeado]]s, as [[conserva]]s, as [[pasta]]s e as bebidas edulcoradas.
 
Os vómitos ocasionan alteracións no sangue: perda de [[potasio]] e [[alcalose]] metabólica debida ao uso de [[laxante]]s, que é habitual que se usen para contribuír a evitar o aumento de peso. Tamén se deteriora o [[esmalte]] dos [[dente]]s. Poden provocar [[neumonia]]s por aspiración do vómito ou alteracións gástricas, con dilatacións e mesmo rotura do [[esófago]], así como alteracións no [[páncreas]] ([[pancreatite]]).
 
O mellor tratamento é a farmacoterapia e a psicoterapia, dentro dun programa de modificación da conduta.
 
Aparece unha tendencia ao [[suicidio]] que duplica á dos que padecen anorexia nerviosa.
Usuario anónimo