Diferenzas entre revisións de «Dorna»

recupero historial
m (Dorna (homónimos) movida a Dorna: movo provisoriamente, para recuperar historial)
(recupero historial)
[[Imaxe:Nasa11dorna05eue.JPG|thumb|right|300px|Dorna portando nasas.]]
{{Homónimos}}
A '''dorna''' é unha [[embarcación de pesca]] típica das [[Rías Baixas]] de aproximadamente 4,50 metros de [[eslora]] e 1,50 metros de [[manga]], coa [[proa]] redonda que sobresae da [[cuberta]], a [[popa]] chata e pequena e [[quilla]] pronunciada. Evoluciona cunha única [[vela de relinga]] (ás veces se lle pon un pequeno [[foque]] usado para capear os temporais) e leva dous remos de apoio para cando vai "calma podre". Xeralmente leva dous tripulantes, o patrón á [[cana]] e o mariñeiro ás [[drizas]], que é quen se ocupa do izado da vela, aínda que poden ir tres persoas abordo con relativa comodidade ou incluso ser patroneada por un único tripulante.
O termo '''Dorna''' pode referirse:
 
*á parroquia de [[Dorna, Cervantes|Dorna]], no concello de [[Cervantes]];
==Procedencia==
*á [[Dorna (embarcación)|dorna]], unha embarcación de pesca;
Segundo diversos estudos, realizados entre outros polo [[Suecia|sueco]] Staffan Morling sobre as dornas do Mar de Ons ou polo galego Xaquín Lorenzo na [[ría de Arousa]], este tipo de embarcación podería ter unha procedencia [[viquinga]], debido ás similitudes formais cos [[drakkar]]. Segúndo esta teoría a '''dorna''' toma recursos formais e constructivos dos navíos [[viquingo]]s, que poderían ter chegado nas frecuentes invasións dos pobos do norte de Europa que pretendían asediar [[Santiago de Compostela]] durante a Alta [[Idade Media]], con características de pouco calado, evolución a vela (con aparellos moi sinxelos), [[roda]] de proa sobre a cuberta, [[bañeira]] aberta, etc.
*á [[festa da Dorna]], celebrada en xullo en [[Ribeira]];
 
*á asociación cultural [[Real e Ilustre Cofradía da Dorna]], de [[Ribeira]], coordinadora de dita festa;
==Características formais==
*á revista ''[[Dorna (revista)|Dorna]]'', publicación anual a cargo da Cátedra de [[Filoloxía]] Galega da [[Universidade de Santiago de Compostela]];
A '''dorna''' é unha embarcación totalmente fabricada de madeira, construída ó [[tingladillo]] coas táboas da [[obra viva]] xustapostas, montando unhas sobre outras, reducindo o risco de vías de auga e simplificando a construción, o que lle confire maior estabilidade á costa dunha perda de hidrodinámica (este tipo de construción denomínase "de [[escarva]] ou [[calime]]"). As [[caderna|cadernas]] sobresaen da cuberta, formando [[toletes]] ou apoios dos remos nuns casos (tres toletes para dous remos, un a popa e dous na liña media, para o avance normal a remo, e dous toletes de menor tamaño a proa usados con remos pequenos para a pesca con [[espello]]), e noutros casos puntos que serven de guía para a disposición de [[liña|liñas]]. Leva un timón de grande tamaño, que actúa que se prolonga por debaixo da [[quilla]] actuando como [[orza]], gobernado mediante unha [[cana]] de madeira dunha soa peza. Coa aparición do motor mariño de explosión, a dorna sufriu un redeseño da [[estampa]] de popa, introducíndoselle unhas pezas de madeira que permiten o acoplamento dun pequeno motor [[foraborda]].
*á asociación cultural [[Asociación Cultural Dorna|Dorna]], da [[Illa de Arousa]], impulsora de dita revista;
 
[[Categoría:Homónimos]]
==Variantes==
[[Imaxe:Zenaida.jpg|thumb|right|Dorna navegando a vela]]
Existen moitas variantes segundo o uso ou a forma de construción:
 
* '''A dorna de tope'''. Variante típica da zona do [[Barbanza]]. Leva as xuntas das táboas da obra viva unidas a tope. Reduce a resistencia do mar á costa dunha maior facilidade para que se abran as táboas ó sol. Precisa dunha execución moito máis "fina" para que as táboas teñan a medida exacta e solen ser as dornas de menor tamaño.
* '''A dorna polbeira'''. Usada para ir ás [[lura]]s e ós [[polbo]]s dentro da ría, é a tipoloxía máis común nas rías galegas.
* '''A dorna Meca''' Variante de maior tamaño típica da zona do [[O Grove|Grove]]. O seu maior tamaño obedece ó uso desta tipoloxía, con maior frecuencia, en mar aberto e máis batido, e en zonas nas que existen fortes correntes mariñas.
* '''A dorna tramalleira'''. Variante usada para a pesca con artes de [[tramallo]].
* '''A dorna ou lancha [[xeiteira]]'''. A Xeiteira é unha embarcación de gran tamaño, con tripulación de tres a oito persoas, deseñada para evolucionar en mar aberto máis aló da bocana da [[ría]], onde se faena con rede de [[pesca]] ao [[xeito]] para a captura de [[sardiña]], [[xurelo]] e [[bocarte]]. A xeiteira, dada a súa forma de construción, pode non considerarse unha dorna.
 
==Véxase tamén==
{{Commons|Barcos pesqueiros de Galicia|embarcacións pesqueiras galegas}}
===Bibliografía===
* {{cita libro| autor =Cabrera de Aizpuru, Fernando e Lechuga Lombos, Enrique| título =Las Ultimas dornas gallegas, proceso constructivo artesanal de la dorna gallega| ano =2000| publicación =| id = ISBN 84-607-0602-8}}
* {{cita libro| autor =Masso, José María| título =Barcos en Galicia: De la prehistoria hasta hoy y del Miño al Finisterre|ano =1982| publicación =Deputación de Pontevedra| id = ISBN 84-500-7629-3}}
* {{cita libro| autor =Mörling, Staffan| título =As embarcacións tradicionais de Galicia| ano =1999| publicación =Xunta de Galicia| id = ISBN 84-453-0070-9}}
* {{cita libro| autor =Mörling, Staffan| título =Lanchas e dornas: A estabilidade cultural e a morfoloxía das embarcacións na costa Occidental de Galicia| ano =2000| publicación =Xunta de Galicia| id = ISBN 84-453-4130-8}}
 
===Outros artigos===
* [[Gamela]]
* [[Chalana]]
* [[bote (embarcación)]]
 
=== Ligazóns externas ===
 
* [http://www.culturamaritima.org Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial]
* [http://www.americaendorna.com/la_dorna/dorna.htm America en dorna]
* [http://www.riveira.net/festadadorna/ Festa da dorna]
* [http://www.festadadorna.com/ Festa da dorna]
* [http://www.geocities.com/webignatius/dorna.html A dorna]
* [http://www.modelismonaval.com/magazine/dorna/ A dorna - Asociación de modelistas navais de Galicia]
 
[[Categoría:HomónimosTipos de embarcación]]
 
[[es:Dorna]]
[[pt:Dorna da Galiza]]