Clemente Antonio Fernández Sarela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Clemente Fernández Sarela''' foi un arquitecto [[barroco]] compostelán, nado en [[Santiago de Compostela]] en [[1716]] e morto en [[1765]].
 
Fillo de [[Francisco Fernández Sarela]], mestre de arquitectura, o seu primeiro proxecto salientable foi a rehabilitación da porta da muralla de [[Igrexa de San Francisco, Santiago|San Francisco]], derrubada posteriormente no [[século XIX]]. En [[1744]] vémolo traballando baixo as ordes de [[Fernando de Casas Novoa]] na [[fachada do [[Obradoiro]] da [[Catedral de Santiago|catedral santiaguesa]]. Foi aparellador das obras desta catedral con [[Lucas Caaveiro]]. Xunto con él, realiza as obras da sala capitular e o arquivo; tamén traballou na fachada da Acibecharía.
 
Ocupouse da edificación e restauración das moitas casas que o [[Cabido de Santiago|cabido]] posuía en Santiago. Interveu na casa número 57 da Rúa Nova e na casa número 1 do Cantón de San Bieito. Pero onde verqueu o seu xenio creador foi na Casa do Cabido. Aquí buscou dotar de beleza ao contorno da [[Praza das Praterías]]. Utiliza espléndidas volutas, placas, pináculos e a emblemática vieira, así como unha rocalla no lintel da porta. Debe facerse mención da cornixa voada moi decorada con gárgolas e balaustrada con pináculos. Obsérvase a influencia de [[Simón Rodríguez]] nos cilindros.