Panteras Negras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
desambig Sacramento
Liña 23:
Ademais, o seu programa social incluía clases gratuítas de [[dereito]] e [[economía]], así como de autodefensa e primeiro auxilios. Tamén promoveron a distribución gratuíta de roupa, e un servizo de transporte para uso de familiares das persoas presas.
==Autodefensa==
Entre as súas accións políticas destacaron a reivindicación do dereito a levar armas cargadas en público, protagonizada por unha marcha ao Capitolio do Estado de [[California]], en [[Sacramento, California|Sacramento]] na que os participantes portaban rifles.
Tamén se comprometeron na creación de patrullas de autodefensa, formadas por homes armados que levaban unha copia do Código Penal de [[California]], demostrando así que non violaban ningunha lei. A súa misión era a de protexer a poboación negra da brutalidade policial. Tales patrullas entraron en conflito numerosas veces coa policía, producíndose numerosos mortos e feridos. En 1970 polo menos 34 membros dos Panteras Negras foran asasinados pola policía, forza que á súa vez reivindicaba 14 mortos e numerosos feridos de entre as súas filas. As tensión entre a organización e a policía agraváronse cada vez máis, sobretodo no que atinxía aos axentes afroamericanos, obxectivo prioritario da organización por consideralos colaboracionistas.
== Represión e Decadencia ==