Diferenzas entre revisións de «Gándaras de Budiño»

arranxiños
m (bot Engadido: es:Gándaras de Budiño)
(arranxiños)
== Arqueoloxía ==
 
Nas Gándaras de Budiño atopouse unha estación do [[Paleolítico inferior]] en [[1961]]. O descobridor poi o francés [[Henri noonNoon]], que realizaba unhas investigacións [[xeomorfoloxía|xeomorfolóxicas]]. [[Emiliano Aguirre]] investigouna en [[1963]] e Henri Noon publicou os seus resultados en [[1966]], co que este foi o primeiro xacemento paleolítico de Galiza con referencias [[estratigrafía|estratigráficas]]. Tamén investigaron J.[[Xosé María Álvarez Blázquez]], E. Aguirre e D. Collins nos anos 60, Mª D. Echaide nos anos 70, Vidal Encinas nos 80 e Mª L. Pérez Rodríguez e D. Cerqueiro Landín nos anos 90.
 
Existen cinco niveis arqueolóxicos, sendo no quinto no que se atoparon útiles, clasificados como [[achelense]]s ou [[camposanquiense]]s, e correspondentes a un depósito do [[Plistoceno medio]]. O [[carbono 14]] indica unha datación entre o 26700 [[BP]] e o 180000 BP e a estratigrafía corresponde ao [[Würm]] I local, que equivale aos Würm I e II europeos.