Federación de Mocedades Galeguistas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
A '''Federación de Mocedades Galeguistas''' foi a organización xuvenil do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]], que se constituiu en xaneiro de [[1934]], agrupando a diferentes mocidades galeguistas locais que se formaran dende [[1932]]. Contaba con arredor de 1.000 afiliados, tiña como órgano de expresión ''[[Guieiro]]'', e entre os seus dirixentes estiveron [[Xaime Illa Couto]], [[Celso Emilio Ferreiro]], [[Xosé Velo]] ou [[Ramón Piñeiro]].<br>
Dentro da FMG o independentismo contou con moita máis aceptación que entre o PG e así na súa III Asemblea (maio de 1936) 331 membros votaron polo arredismo e 439 en contra. Tamén se decidiu nesta asemblea mudarlle o nome á organización, pasando a denominarse '''Federación de Mocedades Nacionalistas'''.
 
== Historia ==
As mocedades galeguistas locais estaban vencellas ás agrupacións locais do Partido Galeguista pero apenas mantiñan contactos entre si. Foi Xaime Illa Couto, o secretario xeral da [[Mocedade Galeguista de Vigo]], o primeiro que fixo un chamamento para constituír unha Unión de Mocedades Galeguistas nun escrito aparecido en setembro de 1933 e do que se fixo eco ''[[A Nosa Terra]]'', ao pouco tempo recibiu o apoio do resto das mocedades galeguistas espalladas polo país, a constitución formal foi coincidindo coa III Asemblea do Partigo Galeguista en [[Ourense]], o [[13 de xaneiro]] de 1934. A primeira Asemblea celebrouse en maio en Ourense, nela resultou elixido [[Francisco Fernández del Riego]] o seu secretario xeral. [[Xaime Illa Couto]], [[Xosé Luís Fontenla]] e Xoán Lois Ramos Colemán completaban a Secretaría Executiva. A II Asemblea tamén se celebrou en Ourense en abril de 1935, [[Xosé Velo]] pasou a ser o secretario xeral. [[Celso Emilio Ferreiro]], [[Vicente Bóveda]] e Xosé Nogueiras completaban o directorio da organización, durante a súa dirección celebrouse o que foi a concentración máis numerosa das organizada pola FMG, celebrada en Celanova o [[13 de outubro]] de [[1935]] e á que segundo o órgando da FMG, Guieiro, asistiron 4000 persoas. Na III Asemblea celebrada en maio de 1936 apróbanse uns novos Estatutos pero a [[Guerra Civil española]] impediu que se elixira a nova dirección.
 
== Estrutura orgánica ==