Diferenzas entre revisións de «Avelino Cachafeiro»

arranxiños de estilo
Sem resumo de edição
(arranxiños de estilo)
[[Imaxe:Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes.JPG|thumb|240px|Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes. Fermin, Avelino e Bautista Cachafeiro]]
'''Avelino Cachafeiro Bugallo''', '''O Gaiteiro de Soutelo''' ([[Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei |Soutelo de Montes]], [[26 de maio]] de [[1899]] – [[13 de abril]] de [[1972]]) foi un gaiteiro [[Galicia| galego]].
 
'''Avelino Cachafeiro Bugallo''', '''O Gaiteiro de Soutelo''' ([[Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei |Soutelo de Montes]], [[26 de maio]] de [[1899]] – [[13 de abril]] de [[1972]]) foi un gaiteiro [[Galicia| galego]].
 
De familia de gaiteiros da [[Comarca de Tabeirós - Terra de Montes|Terra de Montes]], aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras encanto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao [[bombo]]. Formou o grupo de gaiteiros [[Os Gaiteiros de Soutelo]] cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e [[caixa (música)|caixa]]), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o [[pandeiro]]. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.
 
Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en [[1924]] (a parte literaria gañouna [[Eladio Rodríguez González]]). En [[1928]] gravaron Aa "Muiñeira de Chantada", Aa "Alborada de Rosalía", Aa "muiñeira de Pontesampaio", "Fandango de Pontevedra", "Marcha do Corpus", "Viva Barriño de Arén", "Eicho de dar queridiña", "Foliada de Luxán", "Foliada Rianxeira", Estroupele"Estróupele-EstroupeleEstróupele", "Farruquiña chaman a porta", a "Muiñeira de Ourense" e o pasacorredoira "A volta da festa".
 
[[Imaxe:Ogaiteirodesoutelo.JPG|thumb|left|O Gaiteiro de Soutelo por [[Castelao]]]]
Xunto cos seus irmáns Castor e Bautista, [[Os Gaiteiros de Soutelo]], percorreu toda Galicia, así como [[Bos Aires]], [[Montevideo]], [[Brasil]] ou [[Barcelona]] ata que o comezo da [[Guerra Civil]] esfarelou o grupo: A [[Guerra Civil española]] sorprendeunos tocando en Barcelona, en territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A [[Cultural Obreira]] levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a [[Berlín]] para tocar nos [[Xogos Olímpicos]], decidiron voltar á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.
 
Nunca máis tocou en público, o que fixo medrar aínda máis a súa lenda. Dedicouse á poesía, a pintura e á súa faceta empresarial (unha sala de festas e unha gasolineiragasoliñeira).
 
En [[1969]] publicou o libro de poemas, ''Voando coas aas da vida'', con prólogo de [[Ramón Otero Pedrayo]]. Foi o autorvaledor da ''"Muiñeira de Chantada''", no seu labor de recuperación da música tradicional.
 
A discográfica galega [[Ouvirmos (discográfica)|Ouvirmos]] recuperou e editou un disco dos gaiteiros de Soutelo.