Magnetosfera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
→‎Historia: lig int
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Atmosfera terrestre}}
A '''magnetosfera''' é a rexión atmosférica onde ocorren fenómenos [[magnético]]s e alta [[conductividadecondutividade]] atmosférica, causada pola [[ionización]] dos [[gas]]es alcanzados por [[partícula]]s cargadas, procedentes do [[Sol]] e doutras manifestacións [[física]]s da alta [[atmosfera]]. A magnetosfera terrestre non é única no [[Sistema SolasSolar]] e todos os planetas con [[campo magnético]], [[Mercurio (planeta)|Mercurio]], [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]], [[Saturno (planeta)|Saturno]], [[Urano (planeta)|Urano]] e [[Neptuno (planeta)|Neptuno]] posúen unha magnetosfera propia. [[Ganímedes (satélite)|Ganímedes]], lúa de Xúpiter, ten un campo magnético, mais demasiado débil como para atrapar o [[plasma]] do vento solar. [[Marte (planeta)|Marte]] ten unha moi débil magnetización superficial sen magnetosfera exterior.
 
As partículas do vento solar que son detidas, forman os [[cintos de Van Allen]]. Nos polos magnéticos, as zonas nas que as liñas do campo magnético terrestre penetran no seu interior, parte das partículas cargadas son conducidas sobre a alta atmosfera procucindo as [[aurora boreal|auroras boreais]] ou [[aurora austral|austrais]]. Tales fenómenos aurorais foron tamén observados en Xúpiter e Saturno.