Encoro de Vilasouto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''Encoro de Vilasouto''', situado no concello do [[O Incio|Incio]] entre as parroquias de Vilasouto, Eirexalba e Goo, forma parte da conca do [[río Mao]].
 
Ten unha capacidade máxima de 21 Hm3 e ocupa unha extensión de 111 ha, tendo unhas dimensións de 2 km de longo e 1,5 km de ancho, aproximadamente.
 
Construíuse en [[1969]], coa intención de solucionar os problemas de abastecemento de auga de boa parte da [[Terra de Lemos]]. O encoro anegou terras e vivendas, afectando sobre todo ás parroquias de Vilasouto, Goo e Eirexalba. Os núcleos do Barreal, A Illeira e Outeiro foron os que perderon un maior número de edificacións. O patrimonio histórico tamén se viu afectado por esta obra, xa que na paraxe coñecida como ''Agro do Pepe'' atópanse varias rochas con petroglifos que permanecen somerxidas durante a maior parte do ano. Tamén quedou en desuso a antiga igrexa de San Mamede de Vilasouto, construíndose unha nova no centro do actual pobo.