Pedro Madruga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
iw pt
arranxo nunha lig int
Liña 18:
[[Imaxe:Escena de batalla libro de cántigas de Alfonso X El Sabio.jpg|thumb|Escena de batalla medieval]]
 
Precisamente neste mesmo ano a figura de Pedro Madruga entraría coma un vendaval no panorama político e militar da Galiza, xusto cando a [[Irmandiños|segundaGran guerraGuerra irmandiñaIrmandiña]] ([[1467]]-[[1469]]) eclosionaba e varría do panorama o poder nobiliar. Farto das inxustizas e desmáns da clase dirixente, o Terceiro Estado (apoiado por fidalgos e membros do baixo clero) erguese en armas contra os seus señores naturais. E durante dous anos fanse co poder efectivo do territorio derrocando canta fortaleza aparecia ao seu paso. Non imos analizar nestas liñas as causas do alzamento irmandiño, como tampouco as diferentes fases do conflito bélico. Interésanos máis a contraofensiva nobiliar e os seus efectos, onde a figura a estudar tivo un papel decisorio.
 
Ao comezo da revolta, Alvar Páez atopabase na vila de [[Tui]], onde a súa liñaxe tiña postos grandes intereses no seu control. Alí probablemente foi o escenario do seu recoñecemento como morgado dos Soutomaior. Asediado pola irmandade, Pedro foxe para Portugal, onde bos valedores o agardaban, e nesa mesma vila morrerá seu irmán. Neste período contrae nupcias con Tareixa de Távora, filla do cabaleiro Alvaro Pérez de Távora, fidalgo portugués de certa importancia.