Palos de la Frontera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 155:
 
Dende o fundamental apoio que [[frei Antonio de Marchena]] e [[frei Juan Pérez]] prestaron a [[Cristóbal Colón]] cando o seu ánimo desfalecía ante a adversidades, o mosteiro franciscano de Santa María de la Rábida seguiu atentamente a evolución dos acontecementos, erixíndose nun dos primeiros focos da evanxelización americana. Como é lóxico, a influencia do mosteiro rabideño propiciu que fora a orde franciscana a que destacara entre os primeiros evanxelizadores de América, como o bispo [[frei juan Izquierdo]], [[frei Juan de Palos]], [[frei Juan Cerrado]], [[frei Pedro Salvador]], [[frei Alonso Vélez de Guevera]], [[frei Juan Quintero]], [[frei Tomás de Narváez]] e [[frei Francisco Camacho]], moitos dos cales ingresaron na orde franciscana en [[México]] e [[Lima]].
 
=== O verdadeiro nome de Palos ===
{{VT|Topónimo de Palos de la Frontera}}
Etimolóxicamente a denominación toponímica procede do vocablo romano '''Palus''' ("lagoa") e de feito a cidade chamouse unicamente '''Palos''' ata [[1642]], pero a mediados do século XVII os primeiros cronistas de Indias, [[Gonzalo Fernández de Oviedo]] e [[Francisco López de Gómara]], crendo que Palos e Moguer eran un só pobo, crearon o incorrecto ''Palos de Moguer''. Esta denominación errada produce malestar nos habitantes de Palos de la Frontera, posto que fixo que moita xente pensara que o pobo pertencera nalgún momento á xurisdizón de Moguer, cousa que no é certa e que nunca ocorreu. Existen multitude de documentos onde se testemuña o verdadeiro nome de Palos, por exemplo na Real Provisión enviada por uns veciños de Palos para que puxeran naos ó servicio de Colón, con data do 30 de abril de 1492, recollida no '''[[Archivo General de Indias]]. Sinatura: PATRONATO, 295 N.3''', na que a poboación é denominada unicamente como '''Palos'''. Como exemplo de que posteriormente pasou a denominarse Palos de la Frontera sirva o seguinte documento de uno dos descendentes directos de Martín Alonso Pinzón no que se di:{{cita|''... Sepan quantos esta carta vieren como yo, Diego Martín Pinzón Dávila, vezino de la villa de Moguer estante al presente en esta '''villa de Palos de la Frontera'''...''|Archivo de Protocolos de Moguer. Libro de Escrituras Públicas de Palos de la Frontera 1650-1654, fls. 362-362 vº}}</ref> que se extendeu rapidamente, pasando a enciclopedia e manuais de estudo. Algo parecido sucedeu con frei Juan Pérez e frei Antonio de Marchena, cos que crearon un único e inexistente personaxe: frei Juan Antonio Pérez de Marchena.
 
En maio de [[1642]] o Concello Municipal de Palos adotou o nome de '''Palos de la Frontera''', aproveitando que unha conspiración independentista producida o ano anterior e liderada polo Marqués de Ayamonte fixera pasar as tropas portuguesas desde o río Guadiana ata o río Tinto, e para poñer un "apelido" a Palos, que tapara o que o facía desaparecer como pobo, uníndoo á máis poderosa cidade veciña de Moguer.
 
[[Imagen:MapatoograficoHuelvasiglo18.jpg|thumb|left|Mapa topográfico da zona no século XVIII.]]
 
==Ligazóns externas==