Diferenzas entre revisións de «Mormonismo»

m (Bot:Iniciais dos modelos en maiusculas)
(→‎Etimoloxía: lig int)
Neste aspecto a Primeira Presidencia da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días pronunciouse, buscando que o público en xeral non relacione a Igrexa maioritaria con outros grupos que practican a poligamia pois aínda que comparten certa cronoloxía histórica, as súas tradicións, liderado e núcleo fundamental de crenzas non son a mesma.
 
Segundo [[Joseph Smith (fillo)|Joseph Smith Jr.]], a fundación deste movemento relixioso foi precedida pola confusión que varias igrexas ocasionaban neste mozo, que lle levou a recorrer á Biblia en busca dunha mellor resposta. Varias denominacións interpretaban o mesmo pasaxe de escrituras dunha forma tan diferente ás demais, que só causaban aínda máis confusión. Varias visións e visitas de seres celestiais (entre eles, [[Divos]] pai e o seu fillo Xesucristo) sucederon máis adiante, nas cales afirmou recibir instrucións para restaurar a verdadeira [[Igrexa]] de Xesucristo. Esta Igrexa, de acordo coa súa doutrina, desaparecera séculos atrás no medio dunha Grande [[Apostasía]]. A primeira visión ocorrería cando, sendo un mozo de catorce anos, decidiu preguntarlle a Deus cal era a igrexa verdadeira. Na súa autobiografía, Joseph Smith describe a visita de dous seres divinos coas seguintes palabras:
 
:"Vin unha columna de luz, máis brillante có sol, directamente sobre a miña cabeza; e esta luz gradualmente descendeu ata descansar sobre min. Ao repousar sobre min a luz, vin no aire sobre min a dous Personaxes, cuxo fulgor e gloria non admiten descrición. Un deles faloume, chamándome polo meu nome, e dixo, sinalando ao outro: Este é o meu Fillo Amado: ¡Escóitao!"
102.158

edicións