Diferenzas entre revisións de «Ducado de Spoleto»

m (bot Engadido: hu:Spoletói Hercegség)
Á morte de [[Carlos o Calvo]] o [[888]] Guido fíxose coroar emperador e rei de Italia polo Papa [[Estevo V, Papa|Estevo V]] ([[891]]) e no [[892]] o papa [[Formoso, Papa|Formoso]] coroou ao fillo de Guido, Lamberto II, como duque, rei de Italia e emperador.
 
[[Alberico I de Spoleto|Alberico I]], duque de Camerino ([[897]]) e despois de Spoleto ( [[898]]), casou coa romana [[Marozia]], a amancebada do Papa [[Serxio III, Papa|Serxio III]] (904-911), pero foi asasinado polos romanos o [[924]]. O seu fillo [[Alberico II]] derrocou a Marozia en [[932]]. O [[949]] o ducado foi ocupado polo rei de Italia e emperador [[Berengario II]]. O emperador [[Odón I]] segregoulle a terra chamada ''Sabina Longobardica'' e cedeuna ao Papa.
 
Desde entón o ducado foi de nomeamento imperial. O [[967]] Odón reuniuno ao ducado Benevento e Capua baixo Pandulfo chamado Testa di ferro (‘Cabeza de ferro’) pero á súa morte pasou a Transamundo IV ou Trasimundo IV, que foi duque de Camerino (982-989) e o [[989]] a Hugo duque de Toscana que o reuniu aos seus dominios ata o [[999]], e despois outra vez o [[1010]] (ata o [[1020]]) e o [[1043]] (ata o [[1057]]). O [[1057]] Godofredo de Lorena casou con Beatriz, viúva de [[Bonifacio de Toscana]] e Spoleto e permaneceu en posesión da casa de Toscana ata o [[1158]] (agás de [[1093]] a [[1119]] en que foi duque Werner II, margrave de [[Ancona]], nomeado polo emperador durante a guerra das investiduras).
52.366

edicións