Emmeline Pankhurst: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 1:
[[Imaxe:Westminster emmeline pankhurst statue 1.jpg|thumb|Estatua de Emmeline Pankhurst in [[Victoria Tower Gardens]] cerca do [[Pazo de Westminster|Parlamento]], [[Westminster]]. (January 2006)]]
 
'''Emmeline Pankhurst''' ([[4 de xullo]] de [[1858]] – [[14 de xuño]] de [[1928]]) foi unha das fundadoras do movemento [[sufraxista]] británico. O seu nome, anteantes que outro, está asociado á loita pola liberación da muller no período que precedeu á Iª Guerra Mundial.
Nacida como '''Emmeline Goulden''' en [[Manchester]], [[Inglaterra]]. Filla do [[abolicionista]] Robert Goulden e a [[feminista]] Sophia Crane, casaría, en 1879, con [[Richard Pankhurst|Richard Marsden Pankhurst]], un avogado de [[Salford]]. Richard Pankhurst era tamén un defensor [[movemento sufraxista]], sendo o autor das ''Married Women's Property Acts'' (Leis de propiedade das mulleres casadas) de 1870 e 1882
 
== Fundación de organizacións sufraxistas ==
 
En 1889, Pakhurst fundou a ''[[Women's Franchise League]]'' (Liga pola Liberación das Mulleres), pero a súa campaña veuse interrompida polo falecemento do seu esposo no 1898. En 1903 fundou a máis coñecida [[Women's Social and Political Union]] (Unión Sicial e Polítca de Mulleres), unha organización máis coñecida pola calidade dos seus militantes. Entre os seus membros incluíanse
[[Annie Kenney]], [[Emily Wilding Davison]], que foi morta por un cabalo do rei no Derby de Epsom de 1913, como resultado dunha protesta sufraxista, e a compositora [[Dame Ethel Mary Smyth]]. A elas xuntaranse a súas fillas [[Christabel Pankhurst]] e [[Sylvia Pankhurst]] , que poderían facer contribucións moi valiosas ás súas compañas e de diferentes modos. A súa outra filla [[Adela Pankhurst]], emigrou a Australia, onde foi unha activista política, primeiro no Partido Comunista de Australia, e logo no Primeiro Movemento Australiano (Australia First Movement), de carácter fascista.
 
[[Imaxe:Emmeline Pankhurst arrested.jpg|thumb|Pankhurst detida (1914)]]
 
As tácticas adoptadas po Pankhurst para chamar a atención sobre o movemento, levárana a que fose encarcerada varias veces, mais debido a súa orixe de clase burguesa, non tivo que suportar as mesmas privacións que as sufraxistas pertencentes as clases traballadoras., Con todo, tivo que ser alimentada á forza máis dunha vez por practicar a [[folga de fame]]. Por outra banda, a súa forma de levar a campaña sufraxista non era ben vista por todos, provocando algunha disensión no movemento. A súa autobiografía "My own Story" (A miña Historia), foi publicada en 1914.
Liña 21 ⟶ 20:
Emmeline Pankhurst faleceu con 69 anos de idade, dez anos despois de ver, con fruición, o seu maior desexo cumprido.
 
== Obras (selección)==
* ''The Powers and Duties of Poor Law Guardians in Times of Exceptional Distress'', 1895.
* ''The Present Position of the Women’s Suffrage Movement in: The Case for Women’s Suffrage'', hg.v. B. Villiers, 1907.
* ''The Importance of the Vote'', 1908.
* ''Suffrages Speeches from the Dock'', 1912.
* ''My own Story'' (1914), Reissued by Greenwood Publishing Group, 1985.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
[[Categoría:Sufraxismo]]
[[Categoría:Personalidades do Feminismo|Pankhurst, Emmeline]]
[[Categoría:Historia do Mundo Contemporáneo]]